Contra a política disciplinaria e os reiterados incumprimentos en materia de prevención de riscos e das condicións estipuladas na contrata co Sergas.
Coa folga, o persoal quere denunciar a política de represión practicada por Emersan, así como os incumprimentos reiterados en materia de prevención de riscos laborais e das condicións estabelecidas no contrato co SERGAS, xa que a empresa de ambulancias dispón dun número menor de traballadores/as que o marcado na contrata.
EMERSAN Galicia, pola súa banda, négase a manter ningún tipo de diálogo coa representación do persoal senón é baixo a premisa de aceptar o despedimento, inxustificado, dun dos traballadores da empresa. Cuestión que nin a CIG nin os traballadores/as están dispostos a asumir.
Diante desta situación, a partir do vindeiro martes, 14 de decembro, o persoal de EMERSAN Galicia, que presta servizo ao Hospital Arquitecto Marcide, iniciará FOLGA INDEFINIDA. A conflitividade nesta empresa non é nova, xa que nos últimos anos os traballadores/as desenvolveron varias xornadas de paros en demanda do cumprimento do convenio, contra os atrasos no pagamento dos salarios, a falla de medidas de seguridade, as carencias no equipamento das ambulancias e polo cumprimento das condicións estabelecidas na contrata co Servizo Galego de Saúde.
En base a esta situación, dende a FGAMT-CIG tamén se fai un chamamento ao SERGAS para que, como titular do servizo, obrigue a empresa a respectar os dereitos do persoal e a cumprir coas condicións da contrata.
A FGAMT-CIG vén de comunicar que a partir do vindeiro 14 de decembro, os traballadores e traballadoras de ambulancias EMERSAN Galicia iniciarán unha folga indefinida en contra da política disciplinaria practicada pola empresa.
Enviado por:
CIG Saúde Ferrol
-cigsaudeferrol@gmail.com-
13 de dezembro de 2010 14:21
http://www.cig-saude.org/ferrol/_____________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon