O Goberno do expresidente español José María Aznar solicitou en 2004 a Estados Unidos que lle apoia-se na primeira versión oficial sobre a responsabilidade da organización vasca ETA na autoría do atentado contra a estación de trens de Atocha, en Madrid, segundo revelan documentos filtrados por WikiLeaks.
A traxedia nacional foi manipulada polo entón presidente español José María Aznar para intentar sacar proveito político, segundo se deduce dos documentos publicados por WikiLeaks. Aznar responsabilizou apresuradamente á organización armada ETA e solicitou aos Estados Unidos (EE.UU.) apoio nesta hipótese.
"Contactos na oficina do presidente chamáronnos para que fagamos fincapé en que o Goberno español está seguro de que o autor é ETA", sinala a nota confidencial da legación estadounidense filtrada por WikiLeaks.
"Pídennos, agrega o texto, que apoiemos esta hipótese e non expresemos ningunha dúbida nos nosos comentarios públicos acerca da autoría da matanza", apunta o cable diplomático.
Ao final, as evidencias criminalísticas guiaron á xustiza española a responsabilizar a Al Qaeda, feito que precipitou a derrota do Partido Popular de Aznar nas eleccións do 13 de marzo de 2004.
Notas das fotos:
* Documentos diplomáticos filtrados por WikiLeaks mostran que Aznar solicitou apoio de EE.UU para involucrar a ETA nos atentados do 11-M.
* José María Aznar intentou sacar capital político, sen éxito, da traxedia do atentado terrorista en Madrid.
* Eduardo Aguirre, ex embaixador de EE.UU en España (centro), estableceu unha axencia de espionaxe en Cataluña, segundo WikiLeaks Fonte: telesurtv.net
http://wikileaks.ch/
__________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon