ATTAC denuncia a apropiación dos mercados financeiros do “saboroso” negocio das xubilacións
“As pensións son un pastel”. Así resume toda a polémica arredor da reforma das pensións o responsable en Galicia de ATTAC, a Asociación pola Taxación das Transaccións e a Axuda aos Cidadáns, Marcos Gay Varela. Esta asociación internacional alerta contra a creación interesada dun “medo na cidadanía” promovido polos mercados que pretenden repartirse o negocio económico que supón actualmente o fondo solidario das prestacións. Gay Varela reclama un “debate social e aberto” e chama á sociedade a informarse sobre a realidade do sistema de pensión, desbotando a crenza a cegas na doutrina do Fondo Monetario Internacional, “o que nos trouxo até aquí”, denuncia, en relación á crise económica actual.
Carvalho Calero, de Ferrol para o mundo
Ricardo Carvalho Calero, a súa vida e a súa obra, son sos protagonistas dunha mostra que se inaugura esta tarde no centro que leva o seu nome, no Inferniño. O alcalde, Vicente Irisarri, preside o acto de apertura ás 19:30 horas.
Anxo Louzao: “A Lei dá cobertura legal a algo que é ilegal”
Reducir a presenza do galego no sistema educativo, esta é a finalidade que, segundo a CIG, ten o anteproxecto de Lei de Convivencia e Participación da Comunidade Educativa presentada pola consellería de Educación. Así o indicou o secretario nacional de CIG-Ensino, Anxo Louzao, quen destacou a demagoxia desta Lei ao carecer do debate no ámbito educativo. Louzao apuntou tamén que a Lei da potestade ás familias para decidir a lingua na que se impartirán as materias, cando esta debería ser unicamente competencia das administracións educativas.
O Senado falou na lingua galega
A lingua galega, o euskera e o catalá estiveron presentes este mércores no pleno do Senado por primeira vez na historia, nunha sesión na que se activaron os servizos de tradución simultánea nun clima de normalidade. O senador de Entesa Ramón Aleu iniciou o turno facendo uso da potestade que lle otorga o novo Regulamento. Tamén falaron nas súas linguas, o senador balear Pere Torres, a do PNV Loren Leanizabarrutia, o de CiU Ramón Alturo, o do PSOE Joan Cardona e o do BNG Xosé Manuel Pérez Bouza. Os senadores do PP fixeron un uso mínimo da tradución simultánea e aplaudiron á súa representante cando lembrou que o castelán é a lingua na que se entende "todo o mundo".
Nota.- Radiofusiòn é a programación común elaborada polas Emisoras Municipais Galegas desde unha perspectiva local, con vocación pluralista e comprometida con Galiza, que pode ser difundida polas emisoras asociadas a e por calquera entidade ou asociación galega na emigración que estea dentro da zona de cobertura do satélite Hispasat 1C Europa que serve o noso sinal.
www.radiofusion.eu
Enviado por:

radiofusion@radiofusion.eu
-radiofusion@radiofusion.eu-
18 de janeiro de 2011 22:32
_____________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon