Roteiro: L.I.C. Costa Ártabra; treito: costa acantilada de Ares.
- Data: Domingo, 16 de Xaneiro de 2011.
- Partida: Ás 10:30 hs da Praza de Galiza (Ferrol) en autobús regular, calculando chegar a Ares arredor das 11:00 hs.
- Remate: Ás 18: 30 hs no Mosteiro de Sta. Catalina (Montefaro); recolleranos un autobús para regresar a Ferrol.
- Percorrido do roteiro: 15 Km, con dificultade media-baixa.
Iniciarase o roteiro na Vila de Ares rematando na outra extrema da costa, no Mosteiro de Santa Catalina (
Montefaro). Visitaremos os últimos vestixios do Castelo de Ares, engulidos pola vexetación, nas proximidades do porto. Bordeando a costa acantilada observaremos fermosas panorámicas da Ría de Ares, coas Illas Miranda en primeiro plano. Continuaremos o percorrido até a Punta Insuela, para coñecermos o castro marítimo e as Bocas do Sangue; denominación que recibe unha cova de aproximadamente 130 m de lonxitude. Desde aquí continuaremos o percorrido cara Punta Avarenta, para coñecer o impacto da E.D.A.R. - Sul nesta paraxe natural. Logo continuaremos bordeando a costa até chegar a Chanteiro, para coñecer a Capela de Nosa Señora da Mercede (
S. XIV). Camiñaremos de novo cara Punta do Segaño para visitar as fortificacións e baterías de defensa costeira onde, ademáis, poderase contemplar o impacto ambiental do Porto Exterior sobre a ría de Ferrol. Desde aquí, subiremos pola aba ocidental de Montefaro para coñecer as baterías defensivas da Pena do Lagarto e da Bailadora, disfrutando ao mesmo tempo de fermosas panorámicas. Xa no alto
da Bailadora, a 266 m sobre o nivel do mar, descenderemos cara o Mosteiro de Santa Catalina, onde remataremos o roteiro.
Por suposto, no transcurso do roteiro faremos un alto no camiño para xantar e repousar nun lugar a convir.
Ademáis do xantar, recoméndase levar roupa e calzado axeitados.
Prezo Soci@s: 5 Euros.
Prezo Non Soci@s: 7 Euros.
Prazo de Inscrición: Até o Venres 14 de Xaneiro.
Contactos: 616039268 (
Antón); 661636946 (
Miguel);
ferrol@verdegaia.org
Enviado por:
cig-saude.asf@sergas.es
-cig-saude.asf@sergas.es-
11 de janeiro de 2011 08:11
http://www.cig-saude.org/ferrol/
____________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon