Sobre a Folga Xeral
O BNG SOLICITA O TRASLADO DO PLENO ORDINARIO PARA QUE NON COINCIDA COA FOLGA XERAL E POSIBILITAR A PARTICIPACIÓN NA MESMA.
XOÁN XOSÉ PITA CONSIDERA QUE A FOLGA XERAL É UN ARGUMENTO DE PESO QUE XUSTIFICA O TRASLADO DA SESIÓN PLENARIA PARA OUTRA DATA
O grupo municipal do BNG no Concello de Ferrol ven de rexistrar un escrito no que solicita ao alcalde da cidade que someta á consideración da Xunta de portavoces o traslado da data de celebración do pleno ordinario para que non coincida coa convocatoria de folga xeral e posibilitar a participación na mesma.
Xoán Xosé Pita, portavoz municipal do BNG, considera que a folga xeral é un argumento de peso que xustifica o traslado da sesión plenaria. Pita afirmou que o BNG vai secundar á folga xeral do próximo día 27 xa que está plenamente xustificada diante dos recortes sociais do goberno do estado.
O BNG lembra que o vindeiro 27 de xaneiro esta convocada unha folga xeral no noso país como xeito de dar unha resposta aos ataques contra a clase traballadora promovidos dende o Goberno español, nomeadamente a reforma do sistema público de pensións que ten como claro obxectivo dificultar o acceso ás mesmas e reducir a contía das pensións futuras.
Xoán Xosé Pita, portavoz nacionalista, indica que de non mudarse a data de celebración desta sesión plenaria obrigarianos a ter que solicitar o aprazamento daquelas iniciativas do BNG que se deberían debater ese día. Así mesmo, ao secundar a folga, solicita polo que se nos apliquen as deducións correspondentes das nosas retribucións.
O BNG indica que por cuestións menos trascendentes que a que nos ocupa noutras ocasións o pleno ordinario foi modificado de data (celebracións do nadal, vacacións de verán, etc.).
Ferrol, 17 de xaneiro, de 2011
Bloque Nacionalista Galego - Ferrol
Enviado por:
BNG
-bng@ferrol-concello.com-
17 de janeiro de 2011 13:56
_________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon