mércores, febreiro 16, 2011

Acto en Ferrol da Marcha Mundial das Mulleres, este Venres 18 de Febreiro: "As mulleres galegas traemos as voces das mulleres do Congo"

Este Venres 18 de Febreiro de 2011, ás 19:30 hras, terá lugar un acto en Ferrol, da Marcha Mundial das Mulleres, baixo o lema: "As mulleres galegas traemos as voces das mulleres do Congo".

O Acto terá lugar no Salón de Actos da Biblioteca Municipal de Ferrol, no que intervirán:

  • TEREIXA OTERO, MEMBRA DO COMITÉ INTERNACIONAL DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES
  • BEATRIZ TATO, DELEGADA GALEGA NA MOBILIZACIÓN FEMINISTA INTERNACIONAL DO CONGO
Beatriz Tato e Tereixa Otero, integrantes da Coordinadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres, contarannos as súas experiencias e vivencias durante a participación, o pasado mes de outubro, no peche da III Acción Internacional da Marcha Mundial das Mulleres, que tivo lugar na localidade de Sud Kivu, na República Democrática do Congo.

O obxecto central desta acción foi debater e difundir as reflexión feministas sobre a paz e o antimilitarismo, denunciar a situación de violencia extrema que sofren as mulleres naquel país, por mor do eterno conflito polo control dos recursos mineiros, e fortalecer e visibilizar o importante papel das mulleres nos procesos de paz.

Photos / Fotos: Pierre-Yves Ginet

Sud Kivu (Bukavu-Mwenga), RD Congo. Marche Mondiale des Femmes, Marcha Mundial das Mulleres, World March of Women, Action in DRC, Action en RDC, Acción RDC, Marcha Mundial de las Mujeres, Bukavu, Sud Kivu, République Démocratic du Congo, Congo, Zaire.





Fonte: http://www.youtube.com/user/2010wmw

MULLERES EN MARCHA ATÉ QUE TODAS SEXAMOS LIBRES!

Marcha Mundial das Mulleres
Coordinadora Comarcal de Ferrol Terra
Teléfono de contacto:
Coord. Ferrol: 696732735
http://www.feminismo.info
marchagaliza@gmail.com

Que é a Marcha ?

A Marcha Mundial das Mulleres é un movimento mundial de accións feministas que reúne grupos de mulleres e organizacións que actúan para eliminar as causas que orixinan a pobreza e a violencia contra as mulleres. Loitamos contra todas as formas de desigualdade e de discriminación sufridas polas mulleres. Os nosos valores e as nosas accións orientanse cara un cambio político, económico e social. Os mesmos que se articulan aoredor da mundialización das solidaridades, a igualdade entre mulleres, entre mulleres e homes, e entre os pobos, o respecto e a valoración do liderazgo das mulleres e o fortalecimento das alianzas entre mulleres e cos outros movimentos sociais progresistas.

Enlaces de interese:
Enviado por:
Lupe Ces
-lupeces@gmail.com-
15 de fevereiro de 2011 23:34

http://lupeces.blogspot.com/
______________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon