O LNG “Por Harcourt” que tiña prevista hoxe a súa chegada a Reganosa na pleamar das 18,30, tivo que renunciar á súa entrada polas malas condicións de vento e mar.
Permaneceu navegando en redondo, diante das nosas costas, entre as 7 e as 15 horas e agora está situado a unhas 50 millas ao norte de Cabo Ortegal.
Fai este buque o número 24 dos que non lograron atravesar a canle da ría no momento previsto, respecto dos 85 que con destino a Reganosa chegan cargados de GNL. Isto supón que 1 de cada 3,5 buques atrasa un ou mais días a súa entrada, co consecuente incremento do recibo enerxético que todos pagamos.
O CCE concentrouse hoxe ás 19 horas na Praza Amada Garcia, para reclamar unha vez mais o peche desta planta perigosa, innecesaria e antieconómica e a apertura do gasoduto Tui - Llanera, pechado en beneficio dos promotores de Reganosa.
¡ PLANTA DE GAS FORA DA RIA !
Enviado por:
APOIO ECONÓMICO
O Comité Cidadán de Emerxencia, necesita apoio económico, para que poida desenvolver a súa actividade
CONTA DO COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA
Para axudas económicas pode-se ingresar na conta corrente aberta no Banco Santander ao nome de:
Luz Marina Torrente e outros
Para ingresar desde unha oficina bancaria desde dentro do Estado:
00493315772894017995
Para ingresar desde unha oficina bancaria desde fóra do Estado:
ES 71 00493315772894017995
_____________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon