sábado, febreiro 05, 2011

O Recuncho en Rádio FilispiM, hoxe Sábado 5 de Febreiro, interesantes entrevistas con Yolanda Díaz, Sari Alabau, Enrique Barrera, Alberto Leira, ... e as seccións habituais con Jose Torregrosa e Lorena Calaza


Hoxe sábado 5 de Febreiro edición nº 38 de O Recuncho, o programa da Asociación Cultural Fuco Buxán. Coma sempre, de 11 a 13 horas, no 93.9 da FM, Radio Filispim.

Neste programa destacamos os seguintes contidos:
  • Falaremos con Yolanda Díaz, acerca do barapalo sufrido pola cidadanía coa reforma das pensións, a cal alonxa a xubilación cara os 67 anos.
  • Falaremos telefónicamente con Mariana, ex alumna do Colexio Estudio, centro que durante o franquismo mantivo ideales democráticos nas súas aulas, herdados da Institución Libre de Enseñanza.
  • Sari Alabau contará aos oíntes do Recuncho os motivos polo que nos colexios públicos de Ferrol nos se están a desenvolver as actividades extraescolares.
  • No estudo de Radio Filispim: Con Enrique Barrera, profesor de secundaria, e Alberto Leira, profesor universitario falaremos do sistema educativo español.
  • Coma de cotiá a secións de Jose Torregrosa, "O despertar da razón", na cal recordará a figura de Carmelo Teixeiro no aniversario da súa morte.
  • Na sección poética levada por Lorena Calaza: Ricardo Carvallho Calero.

Podedes participar en directo chamando ao telefono de Rádio Filispim:

 981371040 

Tódolos programas en:
www.recunchofuco.blogspot.com

"O Recuncho", o programa da asociación cultural Fuco Buxán en Radio FilispiM, no 93.9 da FM, emitese en directo os sábados de 11:00hs a 13hrs e repitese en diferido os  Mércores, de 15:00hs a 17:00hs e Domingos, de 20:00hs a 22:00hs.

Blogue do Programa:
www.recunchofuco.blogspot.com
______________

Quen son?

O Recuncho é un programa da Asociación Cultural "Fuco Buxán", realizado polos compañeiros Miguel Castro, María Teresa Martínez Vilariño, José Torregrosa e Fernando Ocampo. O Recuncho é un espazo radiofónico aberto, de información, opinión, debate, reivindicación, etc e desde aquí invitamos a participar, a todos os Colectivos e Asociacións da Comarca de Trasancos, que o desexen.

fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es

________________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon