martes, febreiro 15, 2011

Overbooking na Ría de Ferrol - Anuncian a entrada dun novo buque gaseiro, o "SCF Polar", para descargar na ilegal e perigosa Reganosa - O Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha concentración, para este Martes 15 de Febreiro

Tags

Reganosa fleta buques gaseiros sen ter a seguridade de que poidan descargar as miles de toneladas de gas natural licuado -GNL/LNG, que levan nos seus tanques.

Nunca tanta inseguridade está provocando a localización da Planta de Gas en Mugardos, no corazón da nosa Ría. Estos últimos incidentes elevan a máis do 25%, os abortos de manobras de entrada pola bocana da Ría de buques gaseiros cargados com miles de toneladas de LNG-GNL, con destino Reganosa, -desde que o fixera o "Galicia Spirit" en Maio de 2007.

A
s normas de seguridade que estableceu a Capitanía Marítima, para que istos buques poidan acceder ao interior da Ría, impediron un grande perigo de accidente irreparábel, mais non sempre os buques gaseiros, coa cumpricidade das autoridades, cumpren estas normas, este foi o caso do “Cheikh el Mokrani” .

Hoxe, Luns 14 de Febreiro de 2011, o LNG "CHEIKH EL MOKRANI", está descargando no pantalán de Punta Promontorio, en Mugardos, mais este buque leva desde o pasado Venres dando voltas nas inmediacións da costa diante do Golfo Ártabro, por mor do mal tempo reinante. Tivo que abortar tres intentos de entrada na Ría. Fixo-o hoxe, quando xá se agardaba, a entrada esta mañá do buque gaseiro "SCF Polar", buque que leva diante do Golfo Ártabro desde este Domingo.

[Clicar acima da imaxe para ampliar
Situación dos buques, pouco antes das 10 da mañá de hoxe, Luns, 14 de Febreiro de 2011]

EN ESPERA

A imaxe,  de acima, amosa a inoperatividade e perigo da entrada da nosa Ría.

Na imaxe, facilitada por Ferrol-CAPE,  amosan-se os tres buques que estaban á espera de entrar hoxe -14.02.2011, na Ría de Ferrol. Un deles, o LNG TANKER "CHEIKH O MOKRANI", estaba á espera desde o Venres -11.02.2011, os outros dous tampouco puideron entrar onte, nen hoxe.

O buque gaseiro "SCF Polar" que tiña prevista a entrada na Ría de Ferrol, para hoxe, Luns 14 de Febreiro de 2011. Leva desde o domingo merodeando as costas d'A Coruña.


Este vello gaseiro de 42 anos de antiguedade, cargado con GNL/LNG e denominado "SCF Polar", ten previsto entrar na Ría, cun día de retraso, o Martes, 15 de Febreiro, o que faría o nº 85 cargado para Reganosa. O asunto vai estar complicado, dado, como xa dixemos, que o pantalán vai estar ocupado polo "CHEIKH EL MOKRANI, ademais de declarar-se a alerta vermella para toda a costa . De todos os xeitos o Comité Cidadán de Emerxencia, como é habitual nestes casos, convoca, de novo, unha acción de denuncia e protesta, consistente nunha Concentración Sonora, o mesmo Martes, 15 de Febreiro, ás 7 da Tarde, na Praza Amada García, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.


Características do buque:
Nome: SCF Polar - Ano construcción: 1969 - Bandeira: Liberia -  Eslora:- 243.34 m
Manga: 34.04 m - Puntal: 21.2 m - Calado: 10.03m - Capacidade: 71.500 m³ - Destacar antigüedade: 42 anos. Carga: 68.000 m³ -



ALERTA NA COSTA

NOTA DE PRENSA DO CCE (14/02/2011)
ALERTA NA COSTA

En plena alerta por marexada, dous barcos cheos de gas merodean a costa d'A Coruña tentando descargar en Reganosa.

O buque gaseiro “Cheikh el Mokrani” que fai o nº 84 -dende a entrada de funcionamento da Planta de Reganosa- leva tentando achegarse a planta dende o pasado venres. Onte fallou o 3º intento de entrada na Ría por mor das condicions metereolóxicas e a singularidade da Ría de Ferrol .

O gaseiro “SCF Polar” que tiña previsto descargar hoxe, atopase nas mesmas circunstancias. Os dous barcos navegan en redondo a escasa millas da costa da Coruña.

No dia de hoxe, o gaseiro “Cheikh el Mokrani” fixo a súa entrada na Ría de Ferrol incumprindo a normativa de navegabilidade da Capitanía Marítima (adxuntanse documentos das derrotas dos remolcadores, práctico, normas de navegabilidade e incidencias da operación).

E xa son 21, as veces que un gaseiro cargado con GNL para Reganosa, ten que abortar a súa entrada na Ría por mor das malas condicións meteorolóxicas.

Estes intentos errados e os consecuentes días de espera en mar aberto, (sucede a 1 de cada 4 gaseiros), poñen en evidencia a reubicacion interesada –estaba prevista instalar no Porto Exterior- da Planta de Reganosa por parte dos seus promotores e supoñen un importante custo engadido ao gasto de transporte do GNL, que estamos a pagar toda a cidadanía nas tarifas de gas e electricidade.

Urxe parar esta planta perigosa, ilegal e innecesaria, e volver á subministración a través dos gasodutos existentes que agora manteñen pechados en beneficio dos socios de Reganosa.

• POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
• CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!

¡¡PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!


Adxuntamos a continuación, as normas marítimas de navegación para os gaseiros,dentro da ría de Ferrol. E o Cadro de incidencias da entrada do gaseiro Chiekh el Mocrani.

(Datos da Secretaria Xeral de transportes/Dirección Xeral da Mariña Mercante/Capitania Marítima de Ferrol)


Incidencias entrada Chiekh o Mocrani luns 14 febreiro de 2011

Realizou varios intentos o sábado 12, e domingo 13, que non puido realizar polas condicións de mar de fondo e vento presentes. O que demostra unha vez máis que a localización da regasificadora no interior da ria de Ferrol supón un perigo permanente para as manobras a realizar polos gaseros.

O luns 14 realizo a manobra de entrada coas seguintes incidencias de remolcadores:

  1. ... A hora da marea era ás 13:00 e Só o practico embarcou na zona indicada polas normas de navegación para gaseros: ?coroa circular entre 1 e 3 millas do morro do dique de abrigo do porto exterior e en calquera caso deberá estar a bordo fose do limite exterior da zona II do porto (vertical por Prioriño Mozo) aproximadamente a 1 milla de Prioriño. (ver follas das normas)
  2. ... Os dous remolcadores de popa, de propulsión especial ASD (Ibaizabal Cinco e Eliseo Vazquez) deberían facer firme na mesma zona de embarque de prácticos unha hora antes da marea, xa que logo deberían facer firme antes das 12:00. Mentres que os de proa deberían estar firmes antes de abóiaa do Segaño
  3. ... En realidade, o Ibaizabal Cinco amarrou ás 12:40 (só 40 minutos antes da marea alta) e na vertical de Prioriño, cando debería tomar 1 milla mais lonxe.
  4. ... O Eliseo Vázquez ás 12:46 e cando o gasero xa se atopaba por dentro da zona II, en concreto ao Leste da vertical de Prioriño Mozo.
  5. ... Só o o Ibaizabal Catro, que amarrou ás 12:47 e o Hocho que fixo firme ás 12:46, ambos na vertical do morro do dique de abrigo, cumpriron co esixido nas normas de navegación para gaseros, que só lles exigia antes de abóiaa do Segaño.
Luns 14 de febreiro. Incidencias de límites de vento.

En canto a Límite de vento, está fixado en 15 KN (equivalentes a 28 km/h ó 7.77 m/s).

No momento de toma de remolcadores a estación de Coruña Dique, rexistrábanse 33 km/h e no CIS Ferrol na Cabana 28 km/h. O primeiro excede o límite admitido e do segundo, estando no límite, hai que ter en conta que está no interior da ría e xa que logo máis abrigado que a zona da canle onde se realiza a manobra.

Constátase unha vez máis, a lixeireza con que por parte da Autoridade Portuaria e a Capitanía Marítima tómanse as normas de navegación que deben cumprir os gaseros. Aínda que pareza que non ten importancia o non dispor dos remolcadores de popa, hai que recordar que en todos os estudos realizados polo CEDEX conclúese que a súa misión principal é reter a arrancada do gasero e dado que a dirección do vento é de compoñente suroeste, cara ao interior da canle, é tanto mais importante dispor da súa capacidade de retención canto antes, para telo controlado en todo momento.


Normas marítimas de navegación para os gaseiros,dentro da ría de Ferrol.

Practicaxe.- Tanto as manobras de entrada de grandes buques gaseros, como as de saída, cando transporten algunha carga, efectuaranse con dous Prácticos a bordo.

De conformidade co establecido nos CRITERIOS DE NAVEGACIÓN E REMOLQUE PARA O PORTO E RÍA DE FERROL, o embarque dos citados Prácticos efectuarase na zona de mar (exterior á ria de Ferrol), da coroa circular de centro o morro do dique de abrigo do porto exterior e radios de 1 e 3 millas. En calquera caso, os Prácticos estarán na ponte do buque cando este se atope no límite exterior da Zona 11.

Na saída, o desembarque dos Prácticos efectuarase na mesma zona, ou co buque en franquía, previa indicación do seu Capitán.

Condicións do tráfico na canle.- Durante as manobras de entrada e saída dun buque gasero, non se permitirá na canle de acceso a porto, o cruzamento dos citados buques con calquera outro, sen excepción da súa porte ou clase.

Para iso, con suficiente antelación, o e.L.c.s. de Coruña, emitirá un aviso local aos navegantes comunicando a data e hora da entrada destes buques, recordando, a todo tipo de embarcacións, a prohibición existente que figura no parágrafo anterior.

Desde o Centro de Control de Servizos do porto (CCS), vixiarase o Tráfico da canle recomendándose que, unha unidade do Servizo Maritimo da Garda Civil, ou a embarcación da Policia Portuaria navegue pola proa do buque, sen interferir a manobra do mesmo, a fin de manter a canle libre de tráfico de embarcacións ata que o gasero efectúe o seu paso e atópese atracado ao peirao.

Calados do buque e auga baixo a quilla ao seu paso polo canale.- Os establecidos nos CRITERIOS DE NAVEGACIÓN, e un resgardo de auga baixo a quilla, de polo menos, 12%. Nas notificacións do ETA, incluiranse, sempre, os calados a proa e popa do buque, aínda cando estes sexan sempre os mesmos.

Balizamento.- Todo o balizamento, tanto de recalada, como aboias e enfilaciones da canle de acceso e peiraos de atracada, estarán, tanto á entrada como á saída destes buques, en perfecto estado de funcionamento.

AMARRADORES.- As embarcacións dos amarradores, disporán de persoal suficiente e deberán ser capaces de trasladar amárralas desde o buque a terra con plena garantia e total seguridade.

REMOLCADORES.- Nas manobras de entrada e saída do porto e ría de Ferrol dos grandes buques gaseros, utilizaranse os seguintes remolcadores, todos eles con capacidade de loita contra incendios:

Á entrada.- Unha hora antes da pleamar diúrna, e sempre con anterioridade á chegada do buque á zona de embarque dos Prácticos, estarán en devandita zona, listos para asistir ao buque, 2 remolcadores de 50 t efectivas de tracción a punto fixo, de propulsión especial: Azimutal Stern Orive (ASO), ou Voith Schneider, que amarrarán a popa do buque desde onde lle asistirán na manobra de entrada.

Estes dous remolcadores, por razóns de simetría, deberían ser idénticos e dado que, durante o acceso pola canle, fundamentalmente van exercer un labor de retida,a fin de incrementar a capacidade de goberno do buque sen aumento da súa arrancada,os cabos de remolque destas unidades serán tales que poidan soportar, con garantía, unha carga de traballo de, polo menos, o dobre da súa correspondente tracción a punto fixo.

Antes da baliza do Segaño, tomaranse 2 remolcadores a proa do buque, os cales poden ser o "Ibaizabal Cuatro" e o "Hocho", e na súa falta, outros dous similares a eles ou aos de popa.

Estes catro remolcadores acompañarán e asistirán ao buque, durante toda a súa navegación pola canle de acceso e ata a súa atracada ao peirao. Unha vez pasado o Vispón, dependendo da velocidade do vento, e antes de proceder ao reviro e atracada do buque pode, a xuízo dos Prácticos, modificarse a posición dos citados remolcadores.

Reviro e Atracada ao peirao.- A manobra de reviro realizarase na área designada ao efecto, fronte a REGANOSA, e de maneira que o buque quede atracado pola banda de babor, proa á saída da ría.

Tanto para o reviro como para a atracada utilizásense, polo menos, os mesmos catro remolcadores da entrada, situándose, como norma xeral, os de máis tiro a proa e popa do buque, e en calquera caso a xuízo dos Prácticos.

A Terminal estará dotada dun sistema de control de aproximación do buque durante a atracada, de tal xeito que, a manobra efectuarase, referentemente, coa asistencia de devandito sistema de aproximación, de maneira que a velocidade máxima transversal de contacto non supere, en ningún caso, os 0,10 os meus.

Unha vez atracado o buque na Terminal, establecerase unha zona de seguridade ao redor do mesmo de 200 metros, distancia minima que manterá calquera buque que navegue pola ría de Ferrol.

Fontes: Ferrol-CAPE e Comité Cidadán de Emerxencia e
Ártabra 21.
______________

Enlaces relacionados:
Boletín de tempo meteorolóxico adverso
______________


APOIO ECONÓMICO

O Comité Cidadán de Emerxencia, necesita apoio económico, para que poida desenvolver a súa actividade

CONTA DO COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA

Para axudas económicas pode-se ingresar na conta corrente aberta no Banco Santander ao nome de:
Luz Marina Torrente e outros

Para ingresar desde unha oficina bancaria desde dentro do Estado:
00493315772894017995

Para ingresar desde unha oficina bancaria desde fóra do Estado:
ES 71 00493315772894017995

Blog solidario coa veciñanza de Meá
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org


______________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon