17 de Marzo, ás 18:00 hs .- En Ferrol, no Centro Cultural "Carvalho Calero", no Inferniño, terá lugar un Acto Público de Información e Debate sobre a Lei de Augas de Galicia, organizado pola "Plataforma de Ferrol Terra en Defensa da Auga". Este acto está aberto a toda a veciñanza, mais vai dirixido especialmente ao movimento asociativo e veciñal da zona urbana de Ferrol.
No acto vai-se convidar a Participar na Manifestación do Domingo 20 de Marzo.
Quen queira participar na Plataforma ou apoia-la pode enviar un correio a augadeferrolter
Máis Información en:
http://auga-de
17 de Marzo, ás 19:00 hs .- Concentración, na Praza Amada García, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, en solidariedade co pobo xaponés e polo peche das centrais nucleares. A mobilización de Ferrol vai ser simultánea a outras convocadas noutras partes de galiza, do Estado e do Mundo. Na Galiza foi a organización ecoloxista Verdegaia a que fixo o chamamento que foi secundado por outras organizacións e colectivos. O sitio na rede reganosademolizon.org, recomenda un interesante Boletín da Asociación Medicinas Complementarias.
17 de Marzo, ás 19:30 hs .- Mesa Redonda e Coloquio na Galeria Sargadelos de Ferrol. Sobre a crise enerxética, de petróleo, crise do capitalismo, organizado por ADEGA-Trasancos: "Capitalismo Finito - Além da Crise Energética"
Intervirán:
Relator: Prof. Manuel Rei (Divulgador Ambiental).
Moderador: Nês Lópes (Secretario ADEGA-Ferrol).
Máis información: na Delegación de Ferrol (Trasancos) no Centro Cívico e Cultural de Caranza - Ferrol e na súa web www.adega.info
___________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon