sábado, marzo 26, 2011

Kseniya Simonova gañadora do Ukraine's Got Talent por animación con area, realmente xenial - Vídeo

Nestes momentos de guerra e destrución, de agresión e abuso, de manipulacións e enganos..., paga a pena parar-se e contemplar a arte de Kseniya Simonova.

Kseniya Simonova
foi a gañadora da edición ucraína de Tes talento 2009. Na final, pintou en directo unha animación da invasión alemá de Ucraína durante a Segunda Guerra Mundial, usando os seus dedos e unha superficie con area.

Trouxo bágoas aos ollos do xurado. Son 8 marabillosos minutos. A "pintura" cambia con cada movemento das súas mans...!

"Ukraine’s Got Talent" é un análogo do show da televisión británica. En 2009, naceu unha nova estrela. A gañadora da final do show de talentos "Ukraine’s Got Talent", con 24 anos de idade, foi Kseniya Simonova de Evpatoria, que trazou un retrato con area volcánica. Unha trama emerxente, que foi gradualmente fluíndo dunha imaxe a outra nos seus fugaces traballos. Durante a semi-final, Kseniya fixo un deseño con area en mesa de vidro iluminada por baixo. Empregando unha cámara de vídeo e un proxector, as accións dela se mostraban na pantalla. Imaxes que unha tras outra contaban unha historia, na que un rapaz foi asasinado durante a guerra. Nese momento, a súa amada deu a luz ao seu fillo. A imaxe final relata como a nai e o meniño miran a través da fiestra, detrás da cal a alma do soldado falecido estaba paira no ceo. Na parte inferior da imaxe Kseniya, grava a inscrición: "Está sempre aquí". O público non podía soster as bágoas. Un dos membros do xurado Igor Kondratyuk dixo: "Era como se lera unha historia sobre a Segunda Guerra Mundial ..." .

Sorprendentemente, esa rapaza talentosa participou do popular programa de TV só cun obxectivo principal. Ela quería axudar a unha rapaza Nika, que estaba en coma debido á meninxite. A pesar do feito de que Kseniya nin sequera era familiar dela, Kseniya Simonova considerou o seu deber axudar á familia da nena. Desgraciadamente, Nica morreu ao pouco. Kseniya non é indiferente o destino dos nen@s. Ela, xunto co seu marido, pertencen a un movemento na súa cidade "Vivir con amor" ("Живи, солнышко!").




fonte: http://www.adorableland.com/ukraine%E2%80%99s-got-talent-amazing-sand-art

Baseado na información enviada por:
Juan Eugenio Fernández Sixto
-jefersix@gmail.com-
26 de março de 2011 12:40
____________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon