MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES
Día Internacional das Mulleres - 8 de Marzo 2011
A Marcha Mundial das Mulleres fai un chamamento á cidadanía nesta época de crise, e a todas as organizacións sociais para unir forzas, lembrando que nestes tempos o feminismo é máis necesario:
- O camiño para saír da crise está na asunción dos valores feministas de igualdade, corresponsabilidade e paridade se cremos que é posíbel construír outro mundo a partir dun modelo autenticamente alternativo.
- A saída da crise ten que facerse, reivindicarse, e articularse tendo en conta as mulleres, e con visión e perspectiva de xénero.
Os momentos de crise económica historicamente serviron para reforzar o patriarcado. Os recortes sociais, económicos e nos dereitos laborais sempre van acompañados dos recortes nos dereitos das mulleres e paralelamente dos ideais de xustiza e igualdade.
As sombras ameazadoras veñen con nome, crise económica e dereita populista, e teñen apelidos, neoliberalismo e patriarcado.
Reformas laborais, das pensións, recortes salariais, despidos masivos, privatizacións de servizos públicos, recortes de gastos sociais ... súmanse a un desmantelamento, rápido e sen pausa, de todas aquelas estruturas que nas institucións estaban servindo para aplicar as políticas de igualdade (Ministerio, Servizo Galego de Igualdade, Centros de Información á Muller).
É por isto que nestes tempos o feminismo ten que combinar esforzos co resto das organizacións sociais, políticas, sindicais, ecoloxistas, relixiosas, veciñais e culturais... e estas co feminismo, para parar o desmantelamento dos dereitos de cidadanía das mulleres e frear os recortes sociais e laborais que limitan as nosas vidas e as das xeracións futuras.
A Marcha Mundial das Mulleres convida a participar nos actos programados en Vigo, Pontevedra, Ferrol, Santiago e Ourense polo Día Internacional das Mulleres baixo o lema:
“IGUALDADE, CORRESPONSABILIDADE E PARIDADE VALORES PARA OUTRO MUNDO POSÍBEL”
Comunicación: Marcha Mundial das Mulheres: 698159764
Mais información: http://www.feminismo.info/
MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES
ACTO PROGRAMADO EN FERROLTERRA
POLO DíA INTERNACIONAL DAS MULLERES 2011
ACTO PROGRAMADO EN FERROLTERRA
POLO DíA INTERNACIONAL DAS MULLERES 2011
Domingo 6 de Marzo,
ás 12:30 h, no Cantón,
en Ferrol
ás 12:30 h, no Cantón,
en Ferrol
No acto do Cantón de Ferrol, participará a Comparsa d'A Revolta de Trasancos
--
MULLERES EN MARCHA ATÉ QUE TODAS SEXAMOS LIBRES!
Marcha Mundial das Mulleres
Coordinadora Comarcal de Ferrol Terra
Teléfono de contacto:
Coord. Ferrol: 696732735
http://www.feminismo.info
marchagaliza@gmail.com
Que é a Marcha ?
A Marcha Mundial das Mulleres é un movimento mundial de accións feministas que reúne grupos de mulleres e organizacións que actúan para eliminar as causas que orixinan a pobreza e a violencia contra as mulleres. Loitamos contra todas as formas de desigualdade e de discriminación sufridas polas mulleres. Os nosos valores e as nosas accións orientanse cara un cambio político, económico e social. Os mesmos que se articulan aoredor da mundialización das solidaridades, a igualdade entre mulleres, entre mulleres e homes, e entre os pobos, o respecto e a valoración do liderazgo das mulleres e o fortalecimento das alianzas entre mulleres e cos outros movimentos sociais progresistas.
Enlaces de interese:
- Web da Marcha Mundial das Mulleres na Galiza
- Web internacional da Marcha
- Web da Terceira Acción Internacional
Lupe Ces
-lupeces@gmail.com-
1 de março de 2011 10:53
http://lupeces.blogspot.com/
______________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon