venres, maio 20, 2011

Non entrou o LNG Abuja... e van 25 !!

Tags

Blog solidario coa veciñanza de MeáO LNG “Abuja” que tiña prevista onte a súa arribada a Reganosa na pleamar da tarde, tivo que renunciar á súa entrada polas malas condicións metereolóxicas.

Permanece navegando en redondo, diante das nosas costas, a unhas 40 millas ao norte de Cabo Ortegal, a espera da única pleamar diurna de hoxe (18,35 hs.) se as condicións de vento e mar o permiten, que é dudoso segundo as previsións (vento forza 5).

Fai este buque o número 25 dos que non lograron atravesar a canle da ría no momento previsto, respecto dos 92 que con destino a Reganosa chegan cargados de GNL. Isto supón que máis do 27 %, 1 de cada 3,7 buques, atrasa un ou mais dias a súa entrada, co consecuente incremento do recibo enerxético que todos pagamos.

O CCE concentrouse onte ás 20 horas en Canido, para reclamar unha vez mais o peche desta planta perigosa, innecesaria e antieconomica e a apertura do gasoduto Tui-Llanera, pechado en beneficio dos promotores de Reganosa.

Fotografías da concentración

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org


Enviado por:

Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
19 de maio de 2011 10:00
________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon