martes, maio 31, 2011

Xornada Reivindicativa en Defensa da nosa Ría, da nosa Seguridade e da nosa Vida, en protesta e denuncia pola permanencia da Planta de Gas de Reganosa en Mugardos - Sábado 4 de Xuño

Tags



Sábado 4 de Xuño de 2011
- 11 da mañá inauguración da Exposición "A Ría na Rúa" no Porto de Ferrol
- E ás 12 do mediodía partirá a Marcha Reivindicativa desde o mesmo lugar
- Aproximadamente unha hora e media máis tarde,
celebrara-se un Acto final
no Parque "Carmelo Teixeiro", en Caranza.
Intervencións, Poesía, Música e un Xantar Popular.
Participa nesta protesta pública !!
Para que se faga xustiza,
para a defensa da Ría, da nosa Seguridade e da nosa Vida,
nunca e tarde !!


O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, convoca para o Sábado 4 de Xuño de 2011, coincidindo ao redor do Día da Loita en Defensa do Medio Ambiente que se celebra internacionalmente en miles de vilas e cidades de todo o Planeta, unha Xornada Reivindicativa en Defensa da nosa Ría, da nosa seguridade e da nosa vida, protestando e denunciando pola permanencia da Planta de Gas de Reganosa en Mugardos, próxima aos núcleos de poboación, demandando o cese de actividade e o posterior desmantelamento desta planta regasificadora de Punta Promontorio, construída, xusto, no corazón da nosa Ría.

O Sábado 4 de Xuño, expoñera-se ao público a obra "A Ría na Rúa", 10 murais de 3,10 por 2,00 metros feitos por varios pintores da comarca [María Manuela, Miguel Anxo Varela, Leandro Lamas, Víctor Novás, Rafael Nadales, Suso Basterrechea, Carmen Martín, Eduardo Hermida, Ladislao da Regueira e Gustavo Sequeiro], para denunciar a corrupción e o despropósito que representa Reganosa. A inauguración desta exposición fara-se sobre as 11 da mañá. Logo ás 12 do mediodía partirá unha Marcha Reivindicativa desde o Porto de Ferrol até o Parque "Carmelo Teixeiro" en Caranza. Catro quilómetros e medio de protesta, denuncia e reivindicación. Rematará a Marcha con intervencións do Comité, ... poesía [Xosé Leira, ..., música [Manolo Bacallao, ...] e un xantar popular.
  • Cartaz da convocatoria da Marcha e Exposición - Sábado 4 de Xuño de 2011:
Acceder ao Cartaz
  • Díptico 10 Razóns para preguntarse ... Porque Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas ?:
Acceder ao Díptico

Murais "A Ría na Rúa"

O 25 de Outubro de 2008, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, realizaba unha das mobilizacións máis orixinais feitas até o de agora, 10 artistas plásticos pintaban murais en varias prazas públicas de Ferrol, foi o que se chamou "A Ría na Rúa". Un evento que tivo moito suceso. Os murais pintados, logo foron expostos nun magosto popular o 1 de Novembro de 2008, no Centro Cívico e Cultural de Caranza. O sitio na rede [http://a-ria-na-rua.blogspot.com/], recolle o que foron estes eventos. Agora o comité Cidadán neste 4 de Xuño de 2011, co motivo do "Día Mundial do Medio Ambiente", expón no Porto de Ferrol estas 10 Obras de Arte que expresan en profundidade a loita contra o despropósito gasista de Reganosa.



Exibir mapa ampliado

  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán:

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org

---
APOIO ECONÓMICO

O Comité Cidadán de Emerxencia, necesita apoio económico, para que poida desenvolver a súa actividade

CONTA DO COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA

Para axudas económicas pode-se ingresar na conta corrente aberta no Banco Santander ao nome de:
Luz Marina Torrente e outros

Para ingresar desde unha oficina bancaria desde dentro do Estado:
00493315772894017995

Para ingresar desde unha oficina bancaria desde fóra do Estado:
ES 71 00493315772894017995

Blog solidario coa veciñanza de Meá
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org


______________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon