sábado, xuño 18, 2011

Quen pagará o de Grecia? Dubídano?, ... por Isaac Rosa

"Non é momento para a compracencia, é necesario avanzar en fortalecer a vixilancia das políticas económicas de cada Estado". -Jean-Claude Trichet, presidente do Banco Central Europeo-

Por Isaac Rosa [*]
18.06.2011


Polo visto o re-rescate de Grecia atrasouse porque os líderes europeos non se puñan de acordo en quen debe pagar a factura, divididos entre quen opinan que sexan Europa e o FMI quen solten todo o diñeiro; e os partidarios de que a banca asuma parte do rescate aprazando os seus cobros.

E digo eu, alguén dubida da quen lle vai a tocar pagar o novo rescate? Pois os mesmos que se farían cargo da factura se ao final Grecia crebase; os mesmos que pagarían os pratos rotos se grazas a esta política económica autodestructiva chegase un desastre maior que acabase co euro: os de sempre, os que levamos tres anos pagando a crise, financeira primeiro, económica e social despois.

A crise, as crises, pagámolas os traballadores europeos, afectados polos recortes e reformas que segundo os gobernantes son imprescindibles para saír desta. Iso si: para non seguir castigándonos con este goteo de sustos e malas noticias, os gobernos propuxéronse darnos o desgusto dunha vez e para sempre, nunha soa dose: nos próximos días queren aprobar o chamado "Pacto do Euro", que á vista do seu contundente contido deberiamos rebautizar "Impacto do euro".

O plan, do que non falan os nosos gobernantes pois para que preocuparnos, é unha colección de medidas e recortes propios de película de serie B, todo moi gore: rebaixas salariais, reformas laborais, de pensións e do sistema sanitario, límites estritos ao gasto público, privatizacións. E ademais, todo blindado, pois se pretende que os Estados convertan en leis nacionais a ortodoxia económica.

Como o plan é moi besta, e as rúas estanse quentando -mañá hai convocadas manifestacións en toda Europa-, quérennolo facer tragar coa fórmula máis vella: o medo. Oímolo estes días: uuuuuh, que veñen os mercados, que aumenta a prima de risco, que creba Grecia, que desaparece o Euro, uuuuuuh. "Pánico en Europa", titulaba onte Le Monde. O de sempre: aterrorizarnos, para logo ofrecernos a súa salvación.

Publicado o 17.06.2011 en Traballar cansa - Público.es

[*] Isaac Rosa Camacho -Sevilla, 1974, é escritor e activista de esquerdas. Anque naceu en Sevilla, viveu en Extremadura e agora reside en Madrid. Publicou as novelas "La malamemoria" (1999), posteriormente reelaborada en "¡Otra maldita novela sobre la guerra civil!" (2007), "El vano ayer" (2004) e "El país del miedo" (2008). Con "El vano ayer" obtivo o Premio Rómulo Gallegos (2005), o Premio Ojo Crítico e o Premio Andalucía de la Crítica, e foi levada ao cine por Andrés Linares co título de "La vida en Rojo". A súa última novela, "El país del miedo", recibiu o Premio Fundación José Manuel Lara á mellor novela de 2008. Isaac Rosa, na actualidade reside en Madrid. Tivo o honor de remplazar a Javier Ortiz na columna que publicaba no xornal "Público" logo do seu pasamento. Outras obras: "Adiós muchachos" (1998, teatro), "El ruido del mundo" (1998, novela), "Kosovo. La coartada humanitaria" (2001, ensaio), ...

Ligazóns externas:
________________________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon