domingo, xuño 05, 2011

Parando os desafiuzamentos hipotecarios en Ferrol

Comunicado de Mesas de Converxencia Ferrolterra

Na mañá do venres 3 de xuño, tivo lugar a primeira acción en Ferrol (segunda en Galicia) contra un desafiuzamento hipotecario.

Ás 10,30, hora prevista para que o xulgado reclamase as chaves dunha vivenda e en solidariedade co deshauciado, ao redor dun centenar de persoas pertencentes ás Mesas de Converxencia Social de Ferrolterra, Movemento 15-M, Central Intersindical Galega, Esquerda Unida, A.C. Fuco Buxán, e outras a título particular, concentráronse ante o nº 29 da Rúa Almendra.

Media hora mais tarde e sen que comparecese o representante xudicial, trasladáronse ante a entidade bancaria que insta o desafiuzamento, para manifestar o seu rexeitamento a estas prácticas abusivas e esixir das distintas administracións públicas unha modificación do marco legal que de saída á situación de sobreendebedamento de milleiros de familias e traballadores/as en moitos casos afectados por expedientes de desfiuzamento da súa vivenda, centos de miles nos últimos anos en todo o estado e máis de 2000 en Galicia pendentes de execución.

As Mesas de Converxencia de Ferrolterra continuarán a solidarizarse coas persoas afectadas por esta fraude hipotecaria, amparadas polo artigo 47 da Constitución Española: “Todos os españois teñen dereito a gozar dunha vivenda digna e adecuada. Os poderes públicos promoverán as condicións necesarias e establecerán as normas pertinentes para facer efectivo este dereito, regulando a utilización do chan de acordo co interese xeral para impedir a especulación”.

Enviado por:
mesas converxencia galicia
-mesasdeconverxenciaferrolterra@gmail.com-
4 de junho de 2011 00:48
__________________


Enlaces relacionados:

Paremos un desafiuzamento, este Venres 3 de Xuño, en Ferrol - Vídeo: un caso en Murcia

Andaina dunha inciativa unitaria de ámbito estatal contra as políticas neoliberais e por unha alternativa de esquerdas - Chamamento á creación de Mesas de Converxencia para a Acción

Web oficial estatal:

http://www.redconvergenciasocial.org/
___________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon