Loita contra os desafiuzamentos
Venres 3 de Xuño de 2011, ás 10:30h, un mozo de Ferrol, ten que entregar as chaves da súa vivenda aos representantes do xulgado,procedendo así á sentenza que o deixará na rúa.
Desde as "Mesas de Converxencia", facemos un chamamento de solidariedade a tod@s os que o Venres 3 de Xuño, poidades estar con nós arroupando a este mozo.
Esperámosvos na Rúa Almendra, nº 29.
PAREMOS O DESAFIUZAMENTO !!
Enviado por:
mesas converxencia galicia
-mesasdeconverxenciaferrolterra@gmail.com-
2 de junho de 2011 23:19
__________________________Hai un par de meses o noso compañeiro Juan Torres enviava este video dun desafiuzamento en Murcia, para amosar a súa solidariedade e denunciar a inxustiza que xa está afectando a miles de persoas. desde Ártabra 21, consideramos de interese publicar este documento. Saúde !
Paremos os desafiuzamentos
Mércores, 23 de Marzo de 2011
Unha das vergoñas recentes máis noxentas da nosa "democracia" foi o acordo entre o Partido Popular e o PSOE co fin de evitar que se poña fin á onda de desafiuzamentos que veñen afectando a miles de familias españolas. Bancos que están gañando ducias de miles de millóns de euros grazas ao diñeiro público ("¡hai que salvar aos bancos"!, é dicir, aos ladróns, dixéronnos) deixan agora na rúa a familias que se quedaron sen ingresos pola súa culpa. E que non só perden a súa casa senón que, grazas a unha lei inxusta agora apoiada pola dereita política e pola esquerda neoliberal, teñen que seguir pagando a hipoteca aos bancos cando estes se quedaron xa coa súa vivenda. En Murcia, como noutros lugares, hai centos de persoas loitando contra este roubo legalizado da banca e da clase política ao seu servizo. Son un exemplo que debería render se aínda nos quedase un pouco de dignidade. Poño este testemuño da súa loita ao mesmo tempo que os animo desde aquí a seguir con ela.
Murcia 19.03.2011.- En Attac Murcia solidarizámonos coa Plataforma de afectados pola hipoteca en Murcia. Con este vídeo chamamos á sociedade murciana a unirse ao piquete cidadán para impedir o desafiuzamento da vivenda de Teresa e a súa familia o 24 de Marzo na fábrica Golden Foolds de Las Torres de Cotillas. Úneche ao teu veciño, ao teu amigo, a ese que podes ser ti mañá para impedir a inxustiza da Banca.
__________________________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon