Sábado 23 de Xullo, excepcionalmente: O Recuncho nº 56 ás 11 h. 93.9 FM
Ante a dificultade de facer o programa o pasado martes e o vindeiro, excepcionalmente, e co desexo de seguir en contacto coa nosa xente, a emisión nº 56 de O Recuncho, o programa semanal da Asociación Cultural Fuco Buxán, terá lugar, en directo, o próximo
Sábado, 23 de xullo 2011, de 11 a 12 hs. No 93.9 FM de Rádio FilispiM.
Abordaremos os seguintes contidos:
- Conversa no estudio con membros das Mesas de Converxencia Ferrolterra “Praza Pública”.
- José Torregrosa no seu espazo “O Espertar da Razón” entrevistará a Rafal Pillado, en torno as súas Memorias.
- As novas de Fuco Buxán para estas datas.
- Breve crónica da V Marcha a Pé Ferrol-Mugardos que o Comité Cidadán de Emerxencia organiza para este venres día 22.
- Victor G. Novás, falará dos seus libros recomendados.
- Lorena Calaza no apartado de poesía traenos a Xulio López Valcárcel.
Todos os programas en : http://recunchofuco.blogspot.com
ou a través da nosa web: www.fucobuxan.com
-- fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es
--
"O recuncho", o programa da asociación cultural Fuco Buxán en Radio FilispiM, 93.9 FM
Enviado por:
Miguel Castro Serantes
-opafuco@gmail.com-
21 de julho de 2011 23:06
___________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon