CONCENTRACIÓN EN FERROL, NA PRAZA DO INFERNIÑO
[DIANTE DO PALCO DA MÚSICA]
[DIANTE DO PALCO DA MÚSICA]
ÁS 8 DA TARDE, DO MARTES 5 DE XULLO
O LNG "Cheikh el Mokrani", un buque gaseiro de 220 metros de eslora, cargado con miles de toneladas de GNL/LNG para a ilegal e perigosa Reganosa, ten anunciado a súa entrada na Ría de Ferrol, para este Martes 5 de Xullo de 2011. Esta entrada dun buque cargado con gas natural licuado para Reganosa, supon xa a 94, desde que o fixera o LNG "Galicia Spirit" en Maio de 2007.
Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada do buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha acción de protesta e denuncia, consitente nunha Concentración Sonora, o mesmo Martes, ás 8 da Tarde, mais desta volta a Concentración terá lugar na Praza do Inferniño, dinate do Palco da Música, unha nova forma de acción, rotando as mobilizacións por diferentes lugares e barrios, dun xeito itinerante, co obxectivo de chegar coa protesta a un número maior de persoas. Ademais de difundir entre a poboación, en sintese, 10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas ?.
[O "Cheikh O Mokrani" atracando en Reganosa, a proximidade aos núcleos de poboación é evidente foto da Galería de romarintyp]
Características do buque:
O metaneiro "Cheikh O Mokrani", cunha capacidade de 75.500 m3 de Gas Natural Licuado, ten unha eslora de 220 metros, unha manga de 35, un calado máximo de 10,75 e un desprazamento de 55.200 TM. O gaseiro, considerado de dimensións medias dentro do estándar desta clase de buques, foi construído en 2005. Navega baixo bandeira das Bahamas.
- POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
- CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!
- PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
Enviado por:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
2 de julho de 2011 20:50
---APOIO ECONÓMICO
O Comité Cidadán de Emerxencia, necesita apoio económico, para que poida desenvolver a súa actividade
CONTA DO COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA
Para axudas económicas pode-se ingresar na conta corrente aberta no Banco Santander ao nome de:
Luz Marina Torrente e outros
Para ingresar desde unha oficina bancaria desde dentro do Estado:
00493315772894017995
Para ingresar desde unha oficina bancaria desde fóra do Estado:
ES 71 00493315772894017995
______________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon