Nova acción de protesta e denuncia, ante a entrada do buque gaseiro que fai o 98 que entra cargado con gas natural licuado para Reganosa.
Un grupo de activistas, apesar da instensa chuvia, amosou a súa protesta, onte 25 de Agosto de 2011, contra o despropósito gasista que representa a planta regasificadora no peirao de Punta Promontorio no concello de Mugardos.
Conscientes da importancia de manter acesa a chama da denuncia e protesta contra unha instalación que ameaza a miles de persoas que moramos na contorna da Ría de Ferrol, activistas do Comité Cidadán de Emerxencia continuan na loita consecuente e constante, contra o despropósito gasista de Reganosa, denunciando unha vez máis a presencia dun buque gaseiro con miles de toneladas de GNL/LNG, para a ilegal e perigosa Planta de Gas.
Non só Reganosa, ameaza a miles de persoas, co seu perigo potencial ao estar próxima aos núcleos de poboación onde moramos miles de persoas, senon que a presencia dun buque metanero cargado na Ría, aumenta exponencialmente ese perigo; mais tamén denunciados o pelotazo urbanístico coa venda de terreos e concesións portuarias do que se beneficiou un dos grupos promotores [Grupo Tojeiro]; a esterilización e arrefriamento de centos de miles de metros cúbicos de auga da Ría, cada vez que se realiza o proceso de regasificación, perxudicando gravemente á vida na mesma; ...
Esta nova concentración sonora, que foi en que consistiu a acción, dase dentro dun marco específico, onde o Comité Cidadán de Emerxencia, hai uns día ten presentado alegacións a “A modificación puntual dos espazos e usos portuarios do Porto e Ría de Ferrol para afectación de porciones de terreo en Punta Promontorio” que a Autoridade Portuaria Ferrol–San Cibrao está a tramitar e que o Comité considera un acto administrativo fraudulento que ven a ocultar unha moi grave infracción da Lei de Costas.
Segundo di o Comité Cidadán "contrariamente ao expresado por parte da Autoridade Portuaria nalgunhas instancias, as consecuencias do acto que se alega, van moito máis aló das puramente administrativas, como un posíbel aumento do canon de concesión, senón que veñen confirmar ilegalidades que pretenden ter continuación cunha decisión que persegue, despois de modificar o ámbito portuario, aumentar a concesión innecesaria ás empresas Forestal del Atlántico e Reganosa".
Para acceder ou Baixar o
Documento de Alegacións
Facendo memoria, para os desmemoriad@s e para os que pretenden ocultar a verdade: Estes verquidos xerados por Forestal del Atlántico, votaro-nos no recheo que fixeron no que se asentan as instalacións de Reganosa, contaminando a Ría de Ferrol.
Fonte: http://youtu.be/w95H3YJppBk
APOIO ECONÓMICO
O Comité Cidadán de Emerxencia, necesita apoio económico, para que poida desenvolver a súa actividade
CONTA DO COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA
Para axudas económicas pode-se ingresar na conta corrente aberta no Banco Santander ao nome de:
Luz Marina Torrente e outros
Para ingresar desde unha oficina bancaria desde dentro do Estado:
00493315772894017995
Para ingresar desde unha oficina bancaria desde fóra do Estado:
ES 71 00493315772894017995
____________________

Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon