luns, agosto 01, 2011

O "LNG Bonny", un antigo buque gaseiro cargado con miles de toneladas de GNL/LNG anuncia a súa entrada na Ría de Ferrol, para este Luns 1 de Agosto - O Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha acción de protesta e denuncia, desta vez en Caranza

Tags



CONCENTRACIÓN EN FERROL,
DIANTE DO CENTRO DE SAÚDE DE CARANZA

LUNS 1 DE AGOSTO, ÁS 8 DA TARDE

O "LNG Bonny", é un antigo buque gaseiro, de máis de 30 anos de antigüedade, de grande porte con 286.85 metros de eslora por 41.84 de manga e cunha capacidade de 133.000 metros cúbicos. Cargado con miles de toneladas de GNL/LNG para a ilegal e perigosa Reganosa.

O "LNG Bonny", ten anunciado a súa entrada na Ría de Ferrol, para este Luns 1 de Agosto de 2011. Esta entrada, supon xa a 96, desde que o fixera o LNG "Galicia Spirit" en Maio de 2007.

Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada do buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha acción de protesta e denuncia, consitente nunha Concentración Sonora, o mesmo Luns, ás 8 da Tarde, mais desta volta a Concentración terá lugar diante do Centro de Saúde de Caranza. Nunha nova forma de acción, rotando as mobilizacións por diferentes lugares e barrios, dun xeito itinerante, co obxectivo de chegar coa protesta a un número maior de persoas. Ademais de difundir entre a poboación, en sintese, 10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas ?.


Características do buque:
Un vello buque de máis de 30 anos de antiguidade [construído en 1981], o “LNG Bonny”, con bandeira convencional d'as Illas Bermudas, de 286.85 m de eslora e 41.84 m de manga, 11.22 m de calado, m de puntal 14.48 e 133.000 m3 de capacidade.
  •  POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  •  CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  •  PLANTA DE GAS FORA DA RÍA   !!

Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán
:


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org



Información baseada na enviada polo:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
31 de julho de 2011 11:39
---
APOIO ECONÓMICO

O Comité Cidadán de Emerxencia, necesita apoio económico, para que poida desenvolver a súa actividade

CONTA DO COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA

Para axudas económicas pode-se ingresar na conta corrente aberta no Banco Santander ao nome de:
Luz Marina Torrente e outros

Para ingresar desde unha oficina bancaria desde dentro do Estado:
00493315772894017995

Para ingresar desde unha oficina bancaria desde fóra do Estado:
ES 71 00493315772894017995

Blog solidario coa veciñanza de Meá
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org


______________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon