CONCENTRACIÓN NO PORTO DE FERROL,
NO PEIRAO DE CURUXEIRAS
NO LUGAR ONDE ESTABA A ANTIGA FÁBRICA DE XEO
XOVES 25 DE AGOSTO, ÁS 8 DA TARDE
NO PEIRAO DE CURUXEIRAS
NO LUGAR ONDE ESTABA A ANTIGA FÁBRICA DE XEO
XOVES 25 DE AGOSTO, ÁS 8 DA TARDE
O "LNG Bonny", cargado con miles de toneladas de GNL/LNG para a ilegal e perigosa Reganosa, ten anunciado a súa entrada na Ría de Ferrol, para este Xoves 25 de Agosto de 2011. Esta entrada, supon xa a 98, desde que o fixera o LNG "Galicia Spirit" en Maio de 2007.
Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada do buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha acción de protesta e denuncia, consitente nunha Concentración Sonora, o mesmo Xoves, ás 8 da Tarde, a Concentración terá lugar, como a ultima vez, no barrio de Ferrol Vello diante da praza onde estaba a antiga fábrica de xeo, no Porto de Ferrol. Perante a concentración difundira-se entre a poboación, en sintese, 10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas ?
[No LNG Bonny, en Maio de 2010, produciu-se un incendio cando reparaba no porto comercial de Brest]
Características do buque:
Un vello buque de máis de 30 anos de antiguidade [construído en 1981], o “LNG Bonny”, con bandeira convencional d'as Illas Bermudas, de 286.85 m de eslora e 41.84 m de manga, 11.22 m de calado, m de puntal 14.48 e 133.000 m3 de capacidade.
- POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
- CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!
- PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
Información baseada na enviada polo:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
24 de agosto de 2011 17:12
---APOIO ECONÓMICO
O Comité Cidadán de Emerxencia, necesita apoio económico, para que poida desenvolver a súa actividade
CONTA DO COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA
Para axudas económicas pode-se ingresar na conta corrente aberta no Banco Santander ao nome de:
Luz Marina Torrente e outros
Para ingresar desde unha oficina bancaria desde dentro do Estado:
00493315772894017995
Para ingresar desde unha oficina bancaria desde fóra do Estado:
ES 71 00493315772894017995
______________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon