IV LIMPEZA SIMULTÁNEA DE RÍOS
Domingo 2 de Outubro de 2011Este 2 de Outubro celebraráse a IV Simultánea de Ríos. Xa levamos organizando dende o 2008 este día de Limpeza Simultánea en numerosos concellos de Galiza. É un día no cal voluntarios e voluntarias saen aos seus ríos para recoller o lixo que atenta contra a riqueza dos nosos ecosistemas fluviais. Miles de quilogramos de refugallos xa foron extraídos de moitos ríos galegos polos centos de voluntarios/as que teñen participado nas limpezas anteriores.
Animámosvos a participar este ano para que vaiades ao voso río e recollades ese lixo que acaba coa súa biodiversidade e beleza.
O máis importante deste día é a labor de concienciación social que entre todos e todas realizamos. Axudamos a manter un bo estado de conservación nos nosos ecosistemas fluviais e facémoslle ver á cidadanía que as pequenas accións valen moito.
Se estás interesado en participar podes porte en contacto con nós:
Correo: lucia@adega.info
Tlf. 981 57 00 99 / 669 80 69 08
Domingo 2 de Outubro de 2011
En Fene, desde as 10 da mañá coa Asociación Etnográfica e da Natureza Amigos e Amigas do río Baa -AETNA
AETNA
http://www.aetna.es/
Contactos:
Marela Aguilar Prieto
Xiao Couto García: 981 360 468
No concello de San Sadurniño, soman-se á iniciativa do Proxecto Ríos.
Nova tirada do Diario de Ferrol:
"San Sadurniño súmase mañá á IV Xornada de limpeza simultánea en ríos, unha campaña que se desenvolverá de forma paralela en numerosas canles da comunidade e na que o Concello sempre tomou parte. En total, unha quincena de voluntarios inscribíronse nesta iniciativa ambiental, segundo os datos facilitados pola Concellaría de Medio Ambiente.
A actividade comezará ás dez da mañá e o grupo de voluntarios sairán do mesón A Granxa. Durante a mañá percorrerán o tramo do río que discorre por Ferreira e Lama. A limpeza concluirá cara á unha e media da tarde.
A edil de Medio Ambiente, Amparo Calvo, destaca o positivo resultado desta acción en edicións anteriores, tanto desde o punto de vista ecolóxico como social. No primeiro aspecto, a limpeza permite recoller todo tipo de residuos, desde plásticos agrícolas ata pneumáticos, así como en ocasións detectar vertedoiros incontrolados. Ademais, engade, o encontro permite aos veciños coñecer mellor a beleza da contorna paisaxística do municipio, cunha poboación moi dispersa nos 100 quilómetros cadrados de superficie local ".
Limpeza de ríos - Qué debemos ter en conta:
http://limpeza.proxectorios.org/limpeza-de-rios/
Qué é o proxecto Ríos?
O Proxecto Ríos é unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa dos nosos ríos. Fundaméntase na realización de inspeccións do estado dos ríos galegos por parte de persoas ou grupos voluntarios a nivel local, co obxectivo final de facerse responsábeis da vixianza (adopción) do río que pasa polo seu municipio ou localidade.
http://proxectorios.org/index.php
ADEGA e o Proxecto Ríos: Móllate polos Ríos
Antón Muñiz. ADEGA-Trasancos
xamute@gmail.com
Delegación de Ferrol (Trasancos)
Apdo Correos 481; 15480 Ferrol
www.adega.info
__________________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon