Atlas de anfibios e réptiles de Galicia
O vindeiro Venres 16 de Setembro de 2011, a Sociedade Galega de Historia Natural presentará en Ferrol o “ATLAS DOS ANFIBIOS E RÉPTILES DE GALICIA”.
O acto terá lugar, ás 20:30 horas, no Salón de Actos do novo local da SGHN, ”Casa do Coronel”, na Praza de Canido.
Despois de seis anos de traballo, por fin saíu á rúa o Atlas dos Anfibios e Réptiles de Galicia, editado pola Sociedade Galega de Historia Natural, que ven a ser unha actualización do primeiro Atlas de Vertebrados de Galicia referido aos nosos herpetos. Gracias ao esforzo de 120 altruístas colaboradores para a obtención de 5.426 datos de anfibios e 3.224 de réptiles.
A obra está composta por un limiar do presidente da S.G.H.N. Serafín González Prieto, unha introdución de Xosé Lois Rey Muñiz e Moisés Asensi Cabirta na que se especifica a metodoloxía do Atlas e unhas primeiras conclusións, un texto de Santi Bas López, que foi un dos coordinadores do primeiro Atlas, referido aos vinte anos de período inter-atlas, e finalmente os textos das catorce especies de anfibios e vinteseis de réptiles da nosa xeografía, realizados por Manuel Arzúa Piñeiro, Moisés Asensi Cabirta, César Ayres Fernández, Martiño Cabana Otero, Xabier Prieto Espiñeira e Xosé Lois Rey Muñiz.
Os textos das especies están estruturados en seis apartados: Distribución mundial; distribución en Galicia; comparativa co anterior Atlas; hábitat; poboación, ameazas e conservación; catalogación. A representación está feita de tal forma que nun só mapa aparecen os datos do presente Atlas, os datos do Atlas anterior e os datos bibliográficos.
O prezo de cada exemplar é de 9,95 € máis gastos de envío, e os interesados terán que pedilos ao enderezo electrónico sghn@sghn.org.
[+ info na web do SHNG na sección de Herpetoloxía]
Sociedade Galega de Historia Natural
Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o medio natural galego
Delegación de Ferrol
"Casa do Coronel" Praza de Canido, s/n 15402 - Ferrol
Apartado de Correos n1 356 ; 15480 FERROL
Tfno. (24 horas) e fax 981 35 28 20
mobil 616 388 935
web: http://www.sghn.org
correo-e: ferrol@sghn.org
Blog da Delegación de Ferrol:
http://sghnferrol.blogspot.com
Enviado por:
SGHN-FERROL
-ferrol@sghn.org-
8 de setembro de 2011 18:35
____________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon