Hoxe 27 de Setembro de 2011, @s docentes da Galiza están chamad@s a secundar unha nova xornada de Folga Xeral no Ensino Público, será a segunda para frear as agresións contra o sistema educativo público e contra o profesorado. Estas mobilizacións están convocadas de xeito unitario pola maioría dos sindicatos do ensino con presencia na Galiza.
O profesorado tamén está convocado a unha Manifestación Nacional, pola mañá en Compostela que sairá desde a Alameda de Compostela ás 11:30 hs e rematará diante dos Edificios Centrais da Xunta de Galicia en San Caetano.
Proposta de manifesto de Aulas Indignadas e Comprometidas:
Fonte: http://youtu.be/j1SKOq-iER8
- Somos profes indignad@s,
- somos profes comprometid@s co ensino público!
- Aulas Indignadas é um colectivo cidadán formado por docentes, un colectivo auto-organizado, plural e aberto, que funciona asembleariamente.
- Diante dos ataques da Xunta de Galiza contra o ensino público queremos responder con creatividade, acción e voz crítica, nun proceso de participación no que queremos contar contigo.
- Porque atacan o ensino público, atacan o profesorado e, especialmente, os nosos alumnos e alumnas, os nosos fillos e fillas.
- Atacan o ensino público porque é un ben público, social, igualitario, e eles defenden os intereses privados, elitistas, supremacistas.
- Atácannos porque nas nosas escolas nós queremos educar e eles nas súas queren facer negocio.
- Atácannos porque nas nosas escolas aprendemos os números que eles falsificam e as palabras que eles manipulan,
- Atácannos porque queremos unha escola laica e a eles queren que aprendamos o seu "padrenuestro",
- Atácannos porque aprendemos a informarnos descubrindo as manipulacións dos medios que eles pagan e controlan,
- Atácannos porque nas nosas escolas aprendemos a valorar o noso país, a nosa cultura e a nosa lingua, que eles desprecian,
- Atácannos porque nas escolas aprendemos a respectar a diversidade cultural e eles defendem o uniformismo
- Atácannos porque nas escolas aprendemos que o pobo unido xamais será vencido e eles cren na lei do máis forte,
- Atácannos porque nas nosas escolas aprendemos os dereitos dos trabalhadores e eles apoian a explotación laboral,
- Atácannos porque nas escolas aprendemos a crear, a imaxinar, a ser os artistas libres que eles desprecian,
- Atácannos porque nas escolas aprendemos a compartir e a defender a xusticia social, e eles defenden o individualismo,
- Atácannos porque nas escolas aprendemos a dicir Non ás guerras que eles apoiam,
- Atácannos porque nas escolas aprendemos a traballar en grupo, a debater e decidir en pé de igualdade e eles son mandóns e autoritaristas,
- Atácannos porque aprendemos a respectar a natureza que eles agreden e destrúen,
- Atácannos porque nas nosas escolas aprendemos a ser mulleres libres e eles defenden o poder machista e patriarcal,
- Atácannos porque queremos cambiar e mellorar este mundo e eles son os que o empeoran.
Non á redución da calidade do ensino público.
Comprometid@s coa pública, indignad@s coa administración.
Aulas Indignadas e Comprometidas:
http://aulasindignadas.blogaliza.org/
___________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon