sábado, outubro 29, 2011

O accidente de Ribarroja e Reganosa - O Comité Cidadán de Emerxencia volveu concentrar-se ante a entrada na Ría do LNG "Lagos", con decenas de miles de toneladas de LNG para a ilegal e perigosa Reganosa

Tags

Blog solidario coa veciñanza de Meá

O accidente de Ribarroja e Reganosa

No accidente ocorrido este 27 de Outubro, en Ribarroja (Valencia) por un camión cisterna que transportaba 4.000 l de gas propano, as autoridades despregaron un plan de emerxencia, establecendo un perímetro de seguridade de 200m, cortando o trafico na autovía e desaloxando aos traballadores das empresas próximas, diante o temor do escape de gas e a posible deflagración.

Sirva este accidente para poñer en evidencia unha vez mais o que acontece coa planta de Reganosa, una instalación que almacena 150.000 Tons de gas natural licuado e cuxo Plan de Emerxencia establece unha zona de intervención de tan só 173 m, zona de alerta 213 m, no caso máis desfavorable. Un Plan feito a medida de Reganosa para que a instalación aparentemente encaixe no espazo dispoñible en Punta Promontoiro pero totalmente inútil e inservible para a poboación en caso de explosión ou fuga de gas.

Asemade estas distancias son notablemente inferiores ás obtidas nunha instalación similar como é a planta de Bilbao que, coa mesma tecnoloxía de deseño (tanques de contención total e sistemas de seguridade similares) e utilizando os mesmos criterios e métodos de simulación (LNGFIRE, DEGADIS, HGSYSTEM) obtén uns valores de 1467 m para zona de intervención e de 3049 m para a zona de alerta, para o caso de dardo de fogo debido a unha fuga no colector de gas de envío.

A Planta de Reganosa, e ilegal, perigosa (ameaza para a poboacion de Ferrolterra) e innecesaria

¡ Planta de gas Fora da Ría ¡

Enviado por:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
29 de outubro de 2011 14


Este Xoves 27 de Outubro, un novo gaseiro entraba na Ría de Ferrol, aumentando exponencialmente o perigo que xa de por si representa a Planta de Gas, que Reganosa construíu no Concello de Mugardos. Trataba-se do "LNG Lagos", un vello buque de máis de 35 anos de antigüedade, 23 deles en inactividade, de grande porte, pois ten 274,42 m. de eslora 42 m. de manga, este fixo o buque 103, desde que o fixera o LNG "Galicia Spirit" en Maio de 2007.

A mobilización do Comité  tivo lugar na Praza do Concello de Ferrol, onde participou un número importante de persoas indignadas pola construción e permanencia da Planta de Gas, mais comprometidas, en continuar cos protestas e denuncias, até conseguir o cese de actividade e o desmantelamento de Reganosa.

Características do buque:
"LNG Lagos" – Construcción: 17.12.1976 (35 anos e 23 inactivo) – Bandeira : Bermudas - eslora: 274,42 m. – manga: 42 m. - Calado: 11,8 m. – capacidade: 122.255 m3

  •  POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  •  CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  •  PLANTA DE GAS FORA DA RÍA   !!


--
APOIO ECONÓMICO

O Comité Cidadán de Emerxencia, necesita apoio económico, para que poida desenvolver a súa actividade

CONTA DO COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA

Para axudas económicas pode-se ingresar na conta corrente aberta no Banco Santander ao nome de:
Luz Marina Torrente e outros

Para ingresar desde unha oficina bancaria desde dentro do Estado:
00493315772894017995

Para ingresar desde unha oficina bancaria desde fóra do Estado:
ES 71 00493315772894017995

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org


______________________


_______________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon