venres, outubro 07, 2011

Outro favor do Banco de España á banca privada: ata cando?


Por Juan Torres López
07.10.2011

O Banco de España propuxo nunha circular recente que os préstamos hipotecarios deixen de estar referenciados no Euribor para "reducir a dependencia do noso sistema financeiro respecto dos tipos de interese interbancarios a un ano".

¡Hai que ter cara dura!

Co proceso de desaparición ou fusión das caixas de aforros desparecen algúns dos índices que se poden tomar como referencia á hora de revisar o tipo de interese dos préstamos variables. Os recoñecidos agora polo Banco de España son os seguintes:
a) Tipo medio dos préstamos hipotecarios a máis de tres anos, para adquisición de vivenda libre, concedidos polo conxunto de entidades de crédito (3,533% en agosto).
b) Tipo de rendemento interno no mercado secundario da débeda pública de prazo entre dous e seis anos (4,272% en Setembro).
c) Referencia interbancaria a un ano (EURIBOR, 2,082% en Outubro).
d) Tipo de permuta de intereses a 5 anos.
e) O MIBOR, exclusivamente para os préstamos hipotecarios formalizados con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2000 (2,208% en Octubro).
Pois ben, de todos eles resulta que o Euribor é o índice máis baixo. É dicir, que o que se busca de verdade por máis escusas que se dean revestidas de tecnicismos é facerlle un novo agasallo á banca privada, agora mediante un novo índice que automaticamente eleve os tipos que cobra aos seus clientes.

O goberno e os partidos representados no Consello do Banco de España calan e outorgan.

Unha vergoña máis e xa non se cantas van por parte da nosa máxima autoridade monetaria que presume de independente.

Se o Banco de España quere reducir a variabilidade dos tipos de interese o que ten que facer é obrigar aos bancos privados a ofrecer tipos de interese fixos reducidos e a facilitar a conversión neles dos actuais de tipo variable para aliviar o peso que soportan as familias e que directamente se traduce en beneficios para a banca.

E para non ter que depender destas entidades que se dedican a especular tan irresponsablemente o adecuado é crear unha banca pública que financie urxentemente ás empresas que crean emprego e riqueza e ás persoas. Claro que para iso é necesario tamén que haxa novas normas de regulación do sector público e da clase política para impedir que quen deben servir a toda a sociedade estean só ao servizo dos intereses privados. Canto antes.

[*] Juan Torres López, Granada -1954-, Doutor en CC. Económicas e Empresariais, exerce na Universidade de Sevilla como catedrático de Economía Aplicada do Departamento de Teoría Económica e Economía Política. Escritor, investigador, analista de política económica e activista social. Manten unha páxina web "Ganas de Escribir" -www.juantorreslopez.com- e coordena a páxina web dedicada a información económica -www.altereconomia.org-

Enviado por:
juantorres@us.es
-juantorres@us.es-
7 de outubro de 2011 14:14
________________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon