Os escándalos que protagonizan directivos e ex directivos de Novacaixagalicia relegan a segundo e terceiro plano asuntos que, moi probablemenete, en breves datas darán que moito falar e escribir a tirios e troianos.
Velaquí un deses episodios que estes días pasa desapercibido nos medios:
O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, Adega e unha agrupación de veciños entregaron na Fiscalía Anticorrupción estatal un escrito denunciando a Reganosa (a regasificadora instalada no interior da ría de Ferrol) por un presunto tráfico ilegal de gas, pois cargamentos que están teoricamente destinados a ser consumidos en España fan escala en Ferrol para ser reexpedidos a terceiros países.
Así, resulta -segundo os denunciantes- que gas procedente de Alxeria acaba sendo exportado a Italia, gas exportado a Xibraltar acaba sendo alijado en países suramericanos, ou gas procedente do Caribe é enviado a Arxentina tras ser descargado e volto cargar en Reganosa.
A pregunta é obrigada: Que é Reganosa, unha regasificadora que se instalou (recibindo subvencións) para prover de gas a consumidores españois ou é unha compañía dedicada ao import-export?
Venres 7 de Outubro de 2011
Fonte:http://im-pulso.blogspot.com/
Fonte da Foto: Susete 70
___________________
Enlaces de referencia:
- O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol e outras entidades cidadás denuncian no día de hoxe -ante a Fiscalía Anticorrupción- as estrañas exportacións que veñen realizando desde Reganosa
- "Reganosa: Vellas mentiras e novos negocios", ... comunicado público do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
- Ártabra 21 ante o novo negocio de Reganosa
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon