Dende a Concellería de Igualdade e Educación do Concello de San Sadurniño convidamos-vos a participar nun obradoiro sobre violencia de xénero "NON SÓ DOEN OS GOLPES" a cargo de Pamela Palenciano Jódar [*].
Achegamos un breve dossier onde se explica en qué consiste o obradoiro e cal é a súa finalidade e unha breve presentación sobre a excelente oradora Pamela Palenciano.
Tendo en conta que non é doado contar con Pamela por aquí moi a miúdo, pensamos que podería resultar interesante que difundírades o obradoiro entre os vosos contactos.
Para proceder á inscrición confirmara-se a asistencia chamando aos telefonos: 981490027 - 673903922 [Verónica] antes 21 de Novembro e facilitando datos persoais e teléfono de contacto.
TRAILER de "NON SÓ DOEN OS GOLPES" - 8 min.http://youtu.be/1u61AOXNYqk
Para máis información:
Verónica Rodríguez Varela
Axente de Igualdade
Concello de San Sadurniño
981490027 / 673903922
[*] Pamela Palenciano Jódar, foi vítima de violencia psicolóxica, física e sexual por parte da súa parella desde os 12 ata os 18 anos. Fai anos comezou dando palestras polo mundo, tratando de chegar á mocidade expondo o seu testemuño. Nas súas conferencias, dun modo moi peculiar, fai unha análise profunda e radical de como estamos constituídos homes e mulleres e da desigualdade que hai entre os sexos, que segue privilexiando ao sexo masculino e facendo máis vulnerable ao feminino.
Un pouco da súa interesante autobiografía:
Son Pamela Palenciano, Xienense de nacemento, da cidade de Andújar. Son licenciada en comunicación audiovisual da Universidade de Málaga. Dediqueime desde a idade de 17 anos á radio, facendo produción, montaxe de programas e locución. Comecei en Elite Radio de Arjona.
Ao empezar a carreira empezou a apaixonarme a fotografía que logo utilizaría como forma de catarse no proxecto de "Non só doen os golpes".
Cando finalicei a carreira partín a Madrid e empecei a estudar dobraxe para películas e publicidade. Avancei bastante en devanditos estudos pero logo presentóu-se-me a oportunidade de traballar na área da Muller de Radio Vallekas, no programa "Nós no Mundo" que me permitía combinar a miña paixón coa radio e o meu traballo coa fotografía.
En Radio Vallekas realizamos un documentario sonoro sobre mulleres salvadoreñas, especificamente sobre a relación das nais e fillas. En devandito país houbo un conflito armado, un dos máis crus a nivel latinoamericano, onde moitas nais foron guerrilleiras ou estiveron involucradas no proceso de loita para alcanzar a revolución.
É así que o documentario ía en facer un encontro entre as nais e as fillas para tratar o tema do "abandono" ou do exilio que lles tocou vivir ás fillas desde temperá idade.
Por mor dese documental sonoro viaxei a El Salvador coa idea de filmar a versión audiovisual dunha das nais dese CD. O proxecto aínda está en proceso de post-produción pero me namorei do país, das oportunidades que vin para implementar o proxecto de "Non só doen os golpes".
É entón que desde 2008 xa vivo no país, coa miña parella que é salvadoreño, e co meu novo amor artístico: o teatro. Arte que me está servindo, ata, como ferramenta para expresar a miña mensaxe contra a violencia machista.
Xa estreei unha obra co meu grupo "A Cocíña Teatro" o ano (2009), tratando o tema das maquilas no país. Ademais estou formando a un grupo de moz@s, entre nenos e nenas, por medio do teatro e a perspectiva de xénero. Fágo-o coa Colectivo Feminista (organización feminista deste país) e este ano pensamos montar en radio masiva unha Radio novela sobre o proxecto "Non só doen os Golpes". É dicir, eles mesmos escribiron o proxecto para pedir financiamento e foi aprobado.
Penso seguir vivindo en El Salvador e entregar, por medio da arte, do teatro e a fotografía, o que eu creo que é o amor de parella, a non violencia machista e a visión de xénero como un camiño de vida. Do mesmo xeito este "pulgarcito de América" estame facendo ver a vida desde perspectiva que, me convence máis, non podería obter da miña amada terra, Andalucía.
Dossier de Pamela Palenciano Jódar, baixar ou acceder ao documento en formato pdf.
Difundido pola:
ASOCIACIÓN GRUPO DIVERSIDADE FUNCIONAL FERROL E COMARCAS
R/Colon esq. Mendizabal B/4 P/5 Baixos 38-39 15406 Ferrol
Tlf: 981930544, Mobil: 620485450
E-mail: diversidadefuncionalferrol@hotmail.com
Blog: http://rachandobarreiras.blogspot.com
Enviado por:
Achegamos un breve dossier onde se explica en qué consiste o obradoiro e cal é a súa finalidade e unha breve presentación sobre a excelente oradora Pamela Palenciano.
Tendo en conta que non é doado contar con Pamela por aquí moi a miúdo, pensamos que podería resultar interesante que difundírades o obradoiro entre os vosos contactos.
Para proceder á inscrición confirmara-se a asistencia chamando aos telefonos: 981490027 - 673903922 [Verónica] antes 21 de Novembro e facilitando datos persoais e teléfono de contacto.
OBRADOIRO "NON SÓ DOEN OS GOLPES"
LUGAR: CASA DA CULTURA SAN SADURNIÑO
DATA: MÉRCORES 23 NOVEMBRO
HORARIO: 18.30 A 20.00
Para máis información:
Verónica Rodríguez Varela
Axente de Igualdade
Concello de San Sadurniño
981490027 / 673903922
[*] Pamela Palenciano Jódar, foi vítima de violencia psicolóxica, física e sexual por parte da súa parella desde os 12 ata os 18 anos. Fai anos comezou dando palestras polo mundo, tratando de chegar á mocidade expondo o seu testemuño. Nas súas conferencias, dun modo moi peculiar, fai unha análise profunda e radical de como estamos constituídos homes e mulleres e da desigualdade que hai entre os sexos, que segue privilexiando ao sexo masculino e facendo máis vulnerable ao feminino.
Un pouco da súa interesante autobiografía:
Son Pamela Palenciano, Xienense de nacemento, da cidade de Andújar. Son licenciada en comunicación audiovisual da Universidade de Málaga. Dediqueime desde a idade de 17 anos á radio, facendo produción, montaxe de programas e locución. Comecei en Elite Radio de Arjona.
Ao empezar a carreira empezou a apaixonarme a fotografía que logo utilizaría como forma de catarse no proxecto de "Non só doen os golpes".
Cando finalicei a carreira partín a Madrid e empecei a estudar dobraxe para películas e publicidade. Avancei bastante en devanditos estudos pero logo presentóu-se-me a oportunidade de traballar na área da Muller de Radio Vallekas, no programa "Nós no Mundo" que me permitía combinar a miña paixón coa radio e o meu traballo coa fotografía.
En Radio Vallekas realizamos un documentario sonoro sobre mulleres salvadoreñas, especificamente sobre a relación das nais e fillas. En devandito país houbo un conflito armado, un dos máis crus a nivel latinoamericano, onde moitas nais foron guerrilleiras ou estiveron involucradas no proceso de loita para alcanzar a revolución.
É así que o documentario ía en facer un encontro entre as nais e as fillas para tratar o tema do "abandono" ou do exilio que lles tocou vivir ás fillas desde temperá idade.
Por mor dese documental sonoro viaxei a El Salvador coa idea de filmar a versión audiovisual dunha das nais dese CD. O proxecto aínda está en proceso de post-produción pero me namorei do país, das oportunidades que vin para implementar o proxecto de "Non só doen os golpes".
É entón que desde 2008 xa vivo no país, coa miña parella que é salvadoreño, e co meu novo amor artístico: o teatro. Arte que me está servindo, ata, como ferramenta para expresar a miña mensaxe contra a violencia machista.
Xa estreei unha obra co meu grupo "A Cocíña Teatro" o ano (2009), tratando o tema das maquilas no país. Ademais estou formando a un grupo de moz@s, entre nenos e nenas, por medio do teatro e a perspectiva de xénero. Fágo-o coa Colectivo Feminista (organización feminista deste país) e este ano pensamos montar en radio masiva unha Radio novela sobre o proxecto "Non só doen os Golpes". É dicir, eles mesmos escribiron o proxecto para pedir financiamento e foi aprobado.
Penso seguir vivindo en El Salvador e entregar, por medio da arte, do teatro e a fotografía, o que eu creo que é o amor de parella, a non violencia machista e a visión de xénero como un camiño de vida. Do mesmo xeito este "pulgarcito de América" estame facendo ver a vida desde perspectiva que, me convence máis, non podería obter da miña amada terra, Andalucía.
Dossier de Pamela Palenciano Jódar, baixar ou acceder ao documento en formato pdf.
Difundido pola:
ASOCIACIÓN GRUPO DIVERSIDADE FUNCIONAL FERROL E COMARCAS
R/Colon esq. Mendizabal B/4 P/5 Baixos 38-39 15406 Ferrol
Tlf: 981930544, Mobil: 620485450
E-mail: diversidadefuncionalferrol@hotmail.com
Blog: http://rachandobarreiras.blogspot.com
Enviado por:
Asoc. Grupo Diversidade Funcional Ferrol e Comarcas
-diversidadefuncionalferrol@hotmail.com-
7 de novembro de 2011 18:47
___________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon