xoves, decembro 01, 2011

O Ateneo Ferrolán convoca a súa Asemblea Xeral Ordinaria - Orde do día e calendario

[Ateneo Ferrolán] CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

Convocada á Asemblea Xeral Ordinaria que se celebrará na Capela do Centro Torrente Ballester, o mércores día 25 de xaneiro de 2012 ás 20 horas en primeira convocatoria e ás 20,30 horas en segunda, coa seguinte

ORDE DO DÍA

  1. Lectura e aprobación da Acta da Asemblea Xeral anterior.
  2. Informe de xestión da Xunta Directiva saínte.
  3. Informe económico da Xunta Directiva saínte.
  4. Rogos e preguntas.
  5. Elección da nova Xunta Directiva.

O proceso electoral rexerase polo establecido no Capítulo XI dos Estatutos segundo o seguinte calendario:

30 de novembro
Convocatoria de Eleccións.

7 de decembro
Último día para posible impugnación da Convocatoria de Eleccións.

12 de decembro
Último día para Constitución da Mesa Electoral.

26 de decembro
Último día para presentación de Candidaturas.

3 de xaneiro
Último día para proclamación de Candidaturas.

9 de xaneiro
Inicio da Campaña Electoral.

25 de xaneiro
Celebración da Asemblea Xeral Ordinaria.
Elección da nova Xunta Directiva.


No período da Campaña Electoral (entre os días 9 e o 24 de xaneiro) tódalas Candidaturas poderán utiliza-lo Censo de Socios/as, así como dispoñer das dependencias do Ateneo Ferrolán para desenvolve-la súa campaña.

Sen máis e agardando a túa asistencia, recibe un cordial saúdo,


ELISEO ZAERA RÍOS
Presidente

Un lugar de encontro para a cultura
Ateneo Ferrolán, fundado en 1879
http://www.ateneoferrolan.org
http://www.ateneo-ferrolan.blogspot.com/
e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 | Fax: 981 354 098 | Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204, 1º. CP.15402 | FERROL (A Coruña)

--
 Ateneo Ferrolán

Enviado por:
Ateneo Ferrolan
1 de dezembro de 2011 19:10
_________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon