CONCENTRACIÓN EN FERROL
NA PRAZA AMADA GARCIA
[DIANTE DO EDIFICIO ADMINISTRATIVO DA XUNTA DE GALICIA]
NA PRAZA AMADA GARCIA
[DIANTE DO EDIFICIO ADMINISTRATIVO DA XUNTA DE GALICIA]
ÁS 7 DA TARDE, DO MÉRCORES 1 DE FEBREIRO
Un novo buque gaseiro achega-se ás costas galegas do noroeste. Ten prevista a súa entrada no Golfo Ártabro, este Mércores 1 de Febreiro de 2012. Sobre as 10:28h é a preamar, polo que a entrada na Ría será sobre esa hora, dado que os buques destas características só poden entrar na Ría con marea alta diurna, polo escaso calado da canle de entrada de máis de 4.000 metros de lonxitude, estreita e sinuosa.
O "LNG Oyo", fai o buque gaseiro cargado 111 desde que o fixera o LNG "Galicia Spirit" en Maio de 2007.
Ante este anunció de entrada na Ría de Ferrol do "LNG Oyo", o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada deste buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, convoca en ferrol, unha nova concentración sonora de protesta e denuncia para o mesmo día, desta vez na Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, ás 7 da tarde.
Características do “LNG OYO”:
Bandeira: Bermudas / Eslora: 285.48 m / Manga: 43.40 m / Capacidade: 145.914 m3
- POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
- CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!
- PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
Información baseada na enviada polo:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
30 de janeiro de 2012 22:25
_________________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon