A CIG convoca para este xoves, día 16 de febreiro, asembleas abertas nas distintas cidades galegas. A central sindical quere abrir así un debate social, para que se coñeza o alcance e as gravísimas consecuencias que terá a reforma laboral que vén de aprobar o PP, tanto para as condicións laborais e salariais da maioría da poboación, como no que supón de perda de dereitos. Nestas asembleas abordarase tamén a necesidade da convocatoria de folga xeral, que a CIG ten prevista para finais do mes de marzo, como única forma de frear, tanto esta reforma, como todas as medidas que xa se foron aprobando e as que se prevé que se impoñan a través dos orzamentos xerais do estado.
DIANTE DA BRUTAL AGRESIÓN QUE PARA A CLASE TRABALLADORA SUPÓN A "A REFORMA LABORAL" APROBADA POLO PP, A CONFEDERACIÓN INTERSINDICAL GALEGA CONVOCA UNHA CONCENTRACIÓN O XOVES, DÍA 16 DE FEBREIRO ÁS 20,00 H. NA PRAZA DO HIMNO GALEGO EN ESTEIRO.
CONTRA REFORMA LABORAL, NON Á ESCRAVITUDE. PARTICIPA COA CIG.
Xornal dixital Avantar
Enviado por:
cig-saude.asf@sergas.es
-cig-saude.asf@sergas.es-
15 de fevereiro de 2012 14:06
_______________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon