Por José María Villot [*]
04.02.2012
Dinnos os xornais que 400.000 galegas e galegos vivenn por baixo do limiar da pobreza desde 2010.
O prezo das escolas infantís subirá un 19% o próximo curso e, unha vez preparadas para a ocasión, privatizaranse, por orde de Feijoo para ser máis eficientes. Abro paréntese (sería máis eficaz un goberno privado?) e sigo coas malas noticias; colexios profesionais e sindicatos médicos alertan de novos recortes na sanidade.
Todo isto aquí, no reino de Galicia, onde xa pasou moito tempo para botarlle a culpa a Touriño, Zapatero ou Felipe González…
Aquí onde –desde Alfonso X o Sabio– sempre mandou a dereita (Franco, Aznar, Fraga, Feijóo, Albor) salvo paréntesis moi concretos (tripartito e bipartito), polo que por moito ruído que fagan as gaitas o persoal non está para bromas nin “farrapos de gaitas”
Déficit social en sectores sensibles como a educación, a sanidade. Recortes en investimentos sociais e nos chamados gastos “correntes” que marcan o día a día dos cidadáns e cidadás. Sobe o prezo do bus (iso si contense o dos coches de alta gama) e baixan os soldos, conxelando as pensións e aos funcionarios…
E agora mentres a política “marianista” condena por terra mar e aire o déficit económico (déficit, caca nene, que vén o coco) e anuncia penas a quen se pasen –o outro día, sábado, estivo o Presidente rodeado de “deficitarios” como Fabra, Rita Barberá, etc., e non acabou ninguén no trullo– o persoal na rúa fala doutro déficit que padece directamente e que ninguén parece disposto a castigar: o déficit social que nos sitúa á cola de Europa…
Dicíao o outro día un tertuliano na radio cantos xubilados ingleses, daneses, alemáns, ten o seu retiro de ouro en España e cantos dos nosos poden pasar longas tempadas noutros países da comunidade europea ou vivir alí, xubilados, tan ricamente como fan outros…?
Claro que para rebaixar o déficit social hai que gastar diñeiro no ensino, médicos, escolas infantís, comedores sociais, centros da terceira idade … o que, sumado, ou de forma individual segundo cada caso, significa unha vida digna … é o resultado do Estado de benestar. Ese que, segundo Mariano, teremos si podemos…
E eles, tome nota cidadán, eles non poden, non queren?, non saben. Están ao seu. A compracer a Merkel e Sarko…
Canto tempo resistiremos…?
Publicados no xornal comarcal Diario de Ferrol, baixo a sección "Balcon do Pobo"
[*] José María Villot y Villot, xornalista e escritor, foi Director do Centro Territorial de Televisión Española en Galicia entre o 1 de xaneiro de 1988 e o 30 de Abril de 1989. Director das Xornadas de Análise con motivo do 50 aniversario da TVE e o 20 aniversario da TVG celebradas n'A Coruña en Outubro de 2006.
_________________
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
sábado, febreiro 04, 2012
Déficit Social, ..... Por José María Villot
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan sábado, febreiro 04, 2012
Tags
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon