sábado, marzo 10, 2012

10 de Marzo de 2012, ... Por Xan do Couto

Monumento a Amador Rey y Daniel Niebla en Ferrol


Corenta anos pasaron desde aquel 10 de Marzo de 2012. Protagonistas nos sucesos e na loita daqueles tempos, lembran con emoción e análise aqueles sucesos de tanta transcendencia. Xornalistas escreben reportaxes de moito interese, como o de J. Gómez no xornal comarcal "Diario de Ferrol". Entrevistas, artigos... Destacando a presentación do libro de Rafael Pillado:  'O LATEXO DA VIDA E DA CONCIENCIA' - MEMORIAS COLECTIVAS DE RAFAEL PILLADO - Volume I, que congregou a máis de 500 persoas no vicerreitorado da UDC no Campus de Ferrol, o Salón de Actos non deu acollido a tal cantidade de persoas, que en máis de duascentas optaron por seguir o acto desde a sala acristalada onde está a "exposición conmemorativa dos 40 anos do 72", ou abandonando o recinto, para saber do que alí sucedeu ao día seguinte a través dos medios ou en conversas cos que alí puidemos estar presentes. As centrais sindicais conmemorarán este 40 aniversario con mobilizacións; e de fondo a convocatoria de Folga Xeral para o 29 deste mes de Marzo. Unha vez máis a loita obreira deberá elevar a conciencia da Clase Traballadora, para non só non deixar que nos rouben os dereitos e conquistas que tanto custaron, senón para dar un paso máis pola emancipación, pola conquista doutra democracia, doutra sociedade fraternal, igualitaria e xusta. Nesta loita de clases que non é un xogo político, como algúns interesa ou equivocadamente queren facer-nos ver, trata-se de dereitos de benestar de poder vivir con dignidade. Trata-se en definitiva de vida, de saúde, ... de dignidade. De traxedias persoais e colectivas. De humillacións de fame e morte. Trata-se de que mentras uns son máis e máis ricos, con corrupción, engano, explotación e represión, outros son máis pobres, sen emprego, sen salario, sen terra, sen vivenda, ... Non é un xogo é unha realidade e en moitos casos, moitísimos casos tráxica, humillante, inxusta, ... Como non tomemos conciencia da necesidade de unidade e loita para a transformación, para conseguir obxectivos tanxíbeis, para ir construíndo outra sociedade, outro mundo, seguiremos como na fábula de Tommy Douglas (Terra de Ratos), votando aos gatos negros, ou aos gatos brancos, e cando nos cansemos votaremos aos gatos manxenta, mais sempre serán gatos. Até cando deixaremos os ratos que decidan por nós, que nos representen e nos gobernen os gatos?

Xan do Couto

Foto de xotengo
_______________


http://youtu.be/UtTW72F8xo0


Máis en:
Ártabra 21: Tan actual que mete medo: "Terra de ratos", por Tommy Douglas
_______________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon