domingo, marzo 11, 2012

Algunhas fotos dos actos celebrados en Ferrol polo "Día da Clase Obreira Galega" - 10 de Marzo de 2012

O pasado 10 de Marzo de 2012, conmemorou-se o 40 aniversario dos sucesos do 72, onde caían abatidos polas balas Amador e Daniel, ferindo gravemente a ducias de traballadores máis, no transcurso dunha manifestación polo conflito laboral da empresa Bazan que estaba sendo fortemente reprimida. A vaga represiva continuou con ducias de detencións, torturas e encarceramentos. Estes sucesos desencadearon unha ampla onda de solidariedade que se estendeu por toda Galiza e outras partes do, polo de agora, Reino de España. Convertendo-se, a resposta solidaria, nunha denuncia contra o sistema fascista e a Ditadura, e na reivindicación de dereitos e liberdades democráticas.

Ofrenda floral no "Monumento 10 de Marzo",
e manifestación do "Día da Clase Obreira Galega" da CIG

Galería Fotográfica: Susete'70


Ofrenda floral institucional no "Monumento 10 de Marzo",
e manifestación do "Día da Clase Obreira Galega" de CC.OO

Galería Fotográfica: Susete'70


Blogue de Susete'70


Información baseada na enviada por:
Suso
-susopazos@yahoo.es-
10 de março de 2012 19:58
___________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon