De: López Pérez, Xosé Miguel
Enviado: mércores, 14 de marzo de 2012 10:33
Para: secretarioxeral@galizacig.net
Asunto: Non á decisión do Secretariado Confederal de facer manifestacións separadas o 29 de Marzo
Como afiliado da CIG Saúde no CHUAC quero manifestarche o seguinte:
Non estou de acordo coa decisión do secretariado confederal, por 14 votos contra 11, de acordar unha manifestación própia o día 29 de marzo.
O secretariado confederal non é competente para tomar esa decisión, está suplantando ao máximo organismo de representación entre congresos que é o Consello Confederal.
O secretariado confederal sabe que comarcas como Lugo, Ferrol, Ourense, etc están por facer actos e mobilizacións unitarias.
O éxito de cantas mobilizacións se fixeron na Área Pública radica, precisamente, no feito de ser convocatorias unitarias
Entendo que non ten moita lóxica tomar a decisión de pórse de acordo con CCOO e UGT para coordinar todo o traballo previo á folga xeral, do propio día 29 de marzo para garantir o máximo éxito posíbel da convocatoria e á vez convocar unha manifestación diferenciada.
Que o secretariado confederal empraza a CCOO e UGT a ter unha unidade, pola base, nas empresas, nos centros de traballo e nos convenios colectivos para inviabilizar a posta en marcha da reforma laboral. Pero non cae na conta de que esta decisión dificulta esta unidade
Entendo tamén que aínda hai tempo para rectificar esta decisión, a de convocar unha manifestación própia, e emprazo, dende o miña responsabilidade como afiliado, ao secretariado confederal e ao Consello Confederal, que é a quen lle compete, a que procure unha unidade sindical que se plasme en manifestacións unitarias o día 29 de marzo.
A decisión do Secretariado Confederal dificulta o éxito da propia folga xeral do 29 de Marzo, xa que o efecto unitario é multiplicador do éxito das mobilizacións.
Penso que decisións como esta, que cada vez se repiten máis, poñen á CIG nos tempos nos que se crearon a CXTG e INTG ó estar supeditando ás decisións da CIG, non ós intereses de traballadores e traballadoras, senón ós intereses dunha determinada forza política, o que, para os que defendemos un sindicalismo sen ataduras, é absolutamente intolerable.
Un saúdo de clase e nacionalista.
Xosé Miguel López Pérez, afiliado á CIG desde 1977
___________________

Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon