luns, marzo 05, 2012

Nova acción de protesta e denuncia convocada polo Comité Cidadán de Emerxencia, este Martes 6 de Marzo, ante o anuncio de entrada na Ría de Ferrol do ”LNG Lagos”, cargado con miles de toneladas de gas natural licuado para a perigosa e ilegal Reganosa

Tags

CONCENTRACIÓN NA PRAZA DO CONCELLO
[DIANTE DO PAZO MUNICIPAL]
ÁS 7 DA TARDE, DO MARTES 6 DE MARZO

O "LNG Lagos", un buque gaseiro de grande porte, de case 275 metros de eslora e 42 de manga, con máis de 35 anos de antigüidade, cargado con miles de toneladas de GNL/LNG para a ilegal e perigosa Reganosa, ten anunciado a súa entrada na Ría de Ferrol, para este Martes 6 de Marzo de 2012. Esta entrada dun buque cargado con gas natural licuado para Reganosa, supon xa a 113, desde que o fixera o LNG "Galicia Spirit" en Maio de 2007.

Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada do buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha acción de protesta e denuncia, consitente nunha Concentración Sonora, o mesmo Domingo, ás 7 da Tarde, mais desta volta a Concentración terá lugar na Praza do Concello, diante do Pazo Municipal. Unha nova forma de acción, rotando as mobilizacións por diferentes lugares e barrios, dun xeito itinerante, co obxectivo de chegar coa protesta a un número maior de persoas. Ademais esta vez queremos difundir entre a poboación, o posicionamento do Comité ante o xulgamento, os próximos 22 e 26 de Marzo no Xulgado do Penal nº2 de Ferrol, de nove mariscadores, polos feitos acaecidos en Maio de 2007, cando a mobilización organizada polo CCE, acadou a paralización da entrada ilegal do primeiro gaseiro cargado con GNL na nosa Ría. Así como tamén queremos difundir entre a poboación, en sintese, 10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas ?.

[O "LNG Lagos", no porto bretón de Brest, o 16 de Maio de 1999]

Características do buque:
Un vello buque de máis de 35 anos de antigüidade, o “LNG Lagos”, con bandeira convencional d'as Illas Bermudas, de 274.42 m de eslora e 42 m de manga, 11,8 m de calado e 122.000 m3 de capacidade.

MOBILIZATE, NUNCA SERÁ TARDE !
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán:

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org



Información baseada na enviada por:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
Comité Cidadán de Emerxencia 5 de março de 2012 11:09

* * *

[Mural de María Manuela realizado o 25 de Outubro de 2008 para a campaña "A Ría na Rúa"]


APOIO ECONÓMICO

O Comité Cidadán de Emerxencia, necesita apoio económico, para que poida desenvolver a súa actividade

CONTA DO COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA

Para axudas económicas pode-se ingresar na conta corrente aberta no Banco Santander ao nome de:
Luz Marina Torrente e outros

Para ingresar desde unha oficina bancaria desde dentro do Estado:
00493315772894017995

Para ingresar desde unha oficina bancaria desde fóra do Estado:
ES 71 00493315772894017995

Blog solidario coa veciñanza de Meá
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org


______________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon