mércores, marzo 21, 2012

O "LNG Edo" e o nome doutro buque gaseiro cargado con miles de toneladas de gas natural licuado que anuncia a súa entrada na Ría de Ferrol, para hoxe mércores 21 de marzo - O Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha acción de protesta e denuncia, desta vez na Praza do Concello diante do Pazo Municipal - E o Xoves 22 de Marzo, Solidariedade cos Mariscadores que van ser xulgados polos acsucesos de Maio deo 2007 cando o primeiro buque para Reganosa, o 'Galicia Spirit' non puido entrar na Ría

Tags


CONCENTRACIÓN NA PRAZA DO CONCELLO DE FERROL,
DIANTE DO PAZO MUNICIPAL
ÁS 7 DA TARDE, DO MÉRCORES 21 DE MARZO

O "LNG Edo", un buque gaseiro moi vello -32 anos de antigüidade; de grande porte, con 285,3 metros de eslora por 43.7 de manga e un calado de 11,53; cargado con miles de toneladas de GNL/LNG, para a ilegal e perigosa Reganosa; ten anunciado a súa entrada na Ría de Ferrol, para este Mércores 21 de Marzo de 2012. Esta entrada dun buque cargado con gas natural licuado para Reganosa, supon xa o 114, desde que o fixera o LNG "Galicia Spirit" en Maio de 2007.

Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada do buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha acción de protesta e denuncia, consitente nunha Concentración Sonora, o mesmo Mércores, ás 7 da Tarde, mais desta volta a Concentración terá lugar na Praza do Concello de Ferrol, diante do Pazo Municipal, no bairro ferrolá de Ferrol Centro -da Madalena-. Nunha nova forma de acción, rotando as mobilizacións por diferentes lugares e barrios, dun xeito itinerante, co obxectivo de chegar coa protesta a un número maior de persoas. Ademais de difundir entre a poboación, en sintese, 10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas ?.

O "LNG Edo" escorado nun dos pantaláns do Bony no Delta do Niger en Nigería

Por outra banda o Comité Cidadán de Emerxencia fai un chamamento a toda a cidadanía a solidarizarse cos mariscadores procesados o vindeiro xoves 22, ás 10 horas (hora estimada, que , nos Xulgados de Ferrol
-Máis Info-
  •  POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  •  CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  •  PLANTA DE GAS FORA DA RÍA   !!

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
Información baseada na enviada polo:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
20 de março de 2012 11:41
_______________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon