Decidiu porse de acordo con CCOO e UGT para coordinar todo o traballo previo á xornada de folga e do propio día 29 para garantir o maior éxito posíbel da convocatoria.
O secretariado confederal da CIG, reunido esta mañá -Martes 13 de marzo de 2012, decidiu pórse de acordo con CCOO e UGT para coordinar todo o traballo previo á folga xeral e o do propio día 29 de marzo, para garantir o máximo éxito posíbel da convocatoria. Xunto a isto, acordou emprazar a CCOO e UGT a ter unha unidade, pola base, nas empresas, nos centros de traballo e nos convenios colectivos para inviabilizar a posta en marcha da reforma laboral. Respecto das mobilizacións que se convocarán durante a xornada de folga xeral, o secretariado confederal decidiu celebrar manifestacións propias o día 29.
O secretariado confederal coincidiu na necesidade de manifestar a satisfacción da central sindical por facer coincidir a data da convocatoria de folga xeral, no día 29 de marzo, co obxectivo de obrigar ao goberno a retirar a reforma laboral.
Alén diso, aclara que a CIG non está por “dulcificar” a reforma, porque non vai axudar a crear emprego. Para a central sindical, a única xustificación que hai detrás da mesma é facilitar o despedimento; desregular o mercado laboral e incrementar os beneficios empresariais a custo de rebaixar os salarios e precarizar as condicións laborais.
Para a central sindical, a única alternativa é a retirada da reforma e a exixencia de que se poñan en marcha políticas económicas e sociais que garantan a creación de emprego e a mellora dos servizos públicos.
Fonte: Avantar
___________________

1 comentarios so far
Nunca tan manipulada nin tan secuestrada estivo a CIG pola UPG-MGS
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon