O Grupo Municipal de EU Ferrol, piden a reunión da comisión municipal para evitar desafiuzamentos e a intervención do Alcalde para evitar o desafiuzamento do pequeno estabelecemento comercial chamado café-bar 'O Carballo', apoiando as mobilizacións que se convocan pola plataforma para este vindeiro martes; doutra banda, informan que EU está a elaborar as emendas para Ferrol aos orzamentos xerais do Estado, diante do orzamento provocación de Rajoy.
INFORMACIÓNS DO GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA
Ferrol, sábado 7 de abril de 2011
O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA RECLAMA A MEDIACIÓN DO ALCALDE NO CASO DO DESAFIUZAMENTO DO PEQUENO NEGOCIO SITO NO BARRIO DE CARANZA
YOLANDA DÍAZ PIDE A REUNIÓN DA COMISIÓN PARA EVITAR DESAFIUZAMENTOS
O Grupo Municipal de EU quere manifestar de xeito público a necesidade de que o concello, pola mediación do propio alcalde, se involucre na resolución do caso de desafiuzamento que afecta a un pequeno negocio ( bar Carballo ) e a varios traballadores no barrio de Caranza. Semella necesario que alcaldía deixe de ser un espectador pasivo e se comprometa a actuar como noutras vilas e cidades do país se ten feito, caso de Cangas, e desta maneira contribúa a defender á veciñanza no mantemento dunha pequena actividade económica.
Hai un ano, o concello pronunciábase cunha moción plenaria a prol de aprobar un mecanismo que evitase a situación de desafiuzamentos que se estende como un regueiro de pólvora social na nosa comarca e cidade. O PP pronunciárase a favor de deter ese regueiro de desafiuzamentos: hoxe toca demostralo cunha actuación de mediación e mediante a convocatoria da comisión de seguimento destas situacións, que pode arbitrar unha solución de compromiso que garanta o non peche do estabelecemento sito no barrio de Caranza. Hoxe toca defender na práctica ese apoio dado á moción presentada por EU entón.
Yolanda Díaz pide a reunión do instrumento municipal para mediar e evitar situacións dramáticas no eido social, caso deste desafiuzamento que a maiores se quere levar adiante contra un acordo verbal que a parte vén cumprindo con rigurosidade.
Esquerda Unida quere chamar a atención que hoxe temos a posibilidade de evitar un novo peche dun pequeno negocio, que suporá máis paro e depresión da actividade na nosa cidade, outrosí do peche doutro baixo comercial diante da inacción do Goberno Municipal.
Esquerda Unida apoia as primeiras mobilizacións da plataforma en defensa dos traballadores do bar Carballo, que o martes concentrarase diante das oficinas do BBVA no Callao, na defensa dunha causa xusta, que EU non pode deixar de apoiar.
O inxusto comportamento da entidade bancaria BBVA semella non ter en conta os esforzos desenvolvidos para manter aberto un pequeno negocio que ten supón o posto de traballo de 4 persoas. Para Esquerda Unida o mantemento do emprego e o respecto a un acordo verbal coa entidade bancaria vale máis que tentar facer caixa contra varias persoas traballadoras, veciñas da nosa cidade.
* * *
EU TRABALLA NA PRESENTACIÓN DUN CONXUNTO DE EMENDAS QUE GARANTAN RECURSOS SUFICIENTES PARA ATENDER AS NECESIDADES PERENTORIAS DE FERROL
SANEAMENTO, SECTOR NAVAL, FERROCARRIL, PORTO EXTERIOR E VIVENDA CENTRAN A DEMANDA DE RECURSOS PÚBLICOS ESTATAIS PARA A NOSA CIDADANÍA
O Grupo Municipal de Esquerda Unida está a traballar na elaboración dun completo programa de emendas que permitan acadar novos recursos públicos estatais para atender as necesidades perentorias que ten Ferrol, e que o actual proxecto orzamentario defrauda con rotundidade.
Aspectos centrais do traballo da formación política de esquerdas e ecoloxista son o saneamento, o sector naval, o ferrocarril e a conexión co porto exterior, asemade da vivenda e a rehabilitación, ámbitos nodais do desenvolvemento de Ferrol e que o proxecto gubernamental deixa sen consignacións orzamentarias ou con partidas testemuñais, que non serven para atender ás necesidades reais da nosa cidade.
EU vai desenvolver o traballo parlamentar de emenda e fará da consecución destas axudas públicas un elemento definitorio do noso apoio á proposta de orzamentos xerais do Estado.
As emendas do Grupo Parlamentar de EU supoñen tanto un elemento necesario para o futuro da nosa cidade canto un estímulo económico necesario para producir a dinamización económica sustentable e xa que logo un reforzo nas políticas sustentables de creación de emprego.
Neste proceso de elaboración de propostas para Ferrol, EU acentuará o traballo de relación co tecido asociativo da cidade encol de completar o abano de propostas para Ferrol e a súa cidadanía.
Esquerda Unida - Ferrol
Rúa do Sol 124 entrechán esquerda, Ferrol
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
eu-ferrolcomarca@esquerdaunida.org
facebook
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html
http://www.esquerdaunida.org/
Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
7 de abril de 2012 21:00
Prezadas/os amigas/os: achegamos dúas INFORMACIÓNS do Grupo Municipal de EU Ferrol, nas que pedimos a reunión da comisión municipal para evitar desafiuzamentos e a intervención do alcalde para evitar o desafiuzamento do pequeno estabelecemento comercial chamado café-bar 'O Carballo', apoiando as mobilizacións que se convocan pola plataforma para este vindeiro martes; doutra banda, informamos que EU está a elaborar as emendas para Ferrol aos orzamentos xerais do Estado, diante do orzamento provocación de Rajoy. Saúdos, Ramiro Marier
___________
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Home
Unlabelled
Accións de Esquerda Unida para evitar o peche do estabelecemento comercial chamado café-bar 'O Carballo' - Por outra banda, está formación política, informa que está elaborando as emendas para Ferrol aos orzamentos xerais do Estado, diante do 'orzamento provocación de Rajoy'
domingo, abril 08, 2012
Accións de Esquerda Unida para evitar o peche do estabelecemento comercial chamado café-bar 'O Carballo' - Por outra banda, está formación política, informa que está elaborando as emendas para Ferrol aos orzamentos xerais do Estado, diante do 'orzamento provocación de Rajoy'
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan domingo, abril 08, 2012
Tags
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon