Palestra que a CIG ven de organizar para o vindeiro luns 23 de Abril ás 19:00 horas nos locais do sindicato. Contaremos coa presenza de Jorge Beinstein [*], economista marxista arxentino e un dos máis destacados investigadores da economía crítica na actualidade. A intervención levará por título "Coñecermos as causas da crise capitalista" e enmárcase dentro do esforzo para , entre todose todas, chegar a uns niveis de comprensión da lóxica interna do capital.
A secretaría de formación sindical da executiva comarcal quere convidarvos a tod@s ao acto e agradece de antemán a vosa presenza.
Secretaría de Formación Sindical.
Executiva Comarcal.
Confederación Intersindical Galega - CIG
[*] Jorge Beinstein, naceu en 1943 en Buenos Aires, Arxentina. Doutor de Estado en Ciencias Económicas pola Universidade de Franche Comté-Besançon, especialista en prognósticos económicos, ten sido durante os últimos vinte e cinco anos consultor de organismos internacionais e gobernos. Dirixiu numerosos programas de investigación e foi titular de cátedras de economía internacional e prospectiva, tanto na Europa como na América Latina. Actualmente, é profesor titular das cátedras libres “Globalización e Crise” da Universidade de Buenos Aires e “Prospectiva económica mundial” do doutorado da Universidade Nacional de La Matanza (Arxentina), e Director do Centro Internacional de Información Estratéxica e Prospectiva (CIIEP) da Universidade Nacional de La Plata, Arxentina. Entre 1986 e 1998 foi titular da Cátedra de Historia económica mundial da Universidade Nacional de La Plata, Arxentina, e nesa altura fundou o Centro de Estudos e Investigacións Multidisciplinares en Innovación Tecnolóxica e Prospectiva (Cemitep), e dirixiu o Programa de Prospectiva da Comisión Latinoamericana de Ciencia e Tecnoloxía do SELA (Sistema Económico Latinoamericano). Activista da esquerda revolucionaria e internacionalista, fai parte da presidencia Colectiva do Movemento Continental Bolivariano (MCB). Ten unha produción de mais de un millar de textos en publicacións científicas internacionais e de divulgación e en medios de difusión masiva.
En Buenos Aires 25 de Marzo de 2009
Enviado:
Confederación Intersindical Galega
-cig-informa@galizacig.com-
19 de abril de 2012 17:50
__________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon