xoves, abril 05, 2012

O BBVA Destrúe Postos de Traballo - Solidariedade cos traballadores do "Café-Bar O Carballo" de Caranza

Tags



O BBVA DESTRÚE POSTOS DE TRABALLO


NOVO DESAFIUZAMENTO, NOVO ABUSO, NOVA REPRESALIA

O BBVA decidiu  desafiuzar aos  traballadores do Café Bar O CARBALLO, pese a establecer  un acordo verbal con eles, polo que se lles adxudicaba o local  por un importe establecido. Agora vólvense atrás e pretenden quedarse co  establecemento, no que traballan catro persoas.

Tras manter conversacións con directivos da entidade  bancaria (BBVA), estes indícanlle a un dos empregados, Pedro Bastida,  que solicite un crédito.  Despois de hipotecar a súa vivenda consegue os recursos necesarios para liberar o local. En lugar de recibir a adxudicación, recibe a notificación do xulgado onde lle anuncian que o Café Bar O CARBALLO, ten que ser desaloxado antes do  mércores, 11 de abril.

Por qué actua así a entidade bancaria?, Por qué se ignora o anuncio do goberno no  que se plantexa a necesidade dun código de boas prácticas bancarias?, Qué prácticas?

O anterior propietario era Bernardo Bastida Sixto, o expatrón maior da confraría de pescadores de Ferrol. Moitas son as persoas que, especialmente o colectivo de  mariscadores,  saben do seu esforzo por defender, recupera-la ría e  por integrar a un gran número de mozos e mozas á vida social, en Ferrol Terra. Contra Bastida, desenvolveuse unha campaña de desprestixio co obxectivo de decapitar  a Confraría e aos traballadores do mar. Incluso se lle  someteu  a xuízo xunto a  outros compañeiros.

A  persecución á que foi sometido Bastida,  queda de manifesto cando, tras varios anos acusado de apropiación  de fondos,  agora  sabemos, por decisión do fiscal  e do xuíz, que se arquivan aquelas actuacións ¡É inocente daquela acusación!
Unha decisión política na que participaron a Xunta de Galicia e Reganosa, para perseguir a Bastida ate a  extenuación. A eles  se lles suma agora o BBVA, pretendendo que caia sobre a súa familia o peso da súa revancha. Non lles importa que se destrúan catro postos de traballo e catro familias queden sen o seu sustento de vida, nunha Comarca onde 1 de cada 5 persoas en condicións de traballar non teñen onde facelo. É difícil de entender que non se admita pagar a quen o desexe, tendo medios para facelo.
  
Coa situación actual da Comarca,  que posúe un nivel tan alto de desemprego, non nos podemos permitir a desaparición de catro postos de traballo. Máis, tendo en conta que hai vontade de negociación e de pagamento da débeda.

 Por esa razón, decidimos emprender unha campaña de solidariedade con Bastida e os catro traballadores do  Café Bar O Carballo e  denunciar esta represalia contra eles.
 
MARTES, 10 DE ABRIL, ÁS 12 Hrs.
Concentración diante da oficina central do BBVA
Praza do Callao (Ferrol)
¡¡ ACODE!!

Convoca: Comisión de apoio aos traballadores do Café-Bar “O Carballo”

Enviado por:
Lazos Pro Solidariedade
-comiteantisidaferrol@gmail.com-
4 de abril de 2012 19:03
http://comitelazos.blogspot.com_________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon