venres, abril 27, 2012

O Colectivo Ártabra 21 denuncia represalias laborais en Mercadona contra traballadores e traballadoras que exerceron o dereito a Folga o pasado 29M - Solidariedade coas traballadoras e traballadores despedidos



Ante o despedimento de traballadores e traballadoras de Mercadona e en concreto do hipermercado d'A Gandara - Narón, polo feito de exercer un dereito fundamental como é o dereito á Folga -participando na Folga Xeral do pasado 29 de Marzo contra a Reforma Laboral e as medidas antiobreiras do goberno dereitista do PP, o Colectivo Ártabra 21, denuncia estas represalias patronais e chama á cidadanía en xeral e aos responsábeis sindicais en particular, a tomar cartas no asunto e defender as traballadoras e aos traballadores represaliados, loitando pola readmisión nos seus postos de traballo.

O Colectivo Ártabra 21 denuncia a persecución a que se veñen sometidos os traballadores e as traballadoras, do citado centro de traballo, por certos encargados, a modo de capataces doutras épocas, que queren someter aos empregados e empregadas con ameazas caciquís, coaccións fascistas e acosos laborais.

Como consumidores rexeitamos estas accións e como cidadáns expresamos a nosa indignación e solidariedade, polo que esiximos o máximo respecto as lexitimas decisións persoais dos traballadores e traballadoras que decidiron no seu día participar na Folga Xeral, para rexeitar as nefastas políticas laborais do goberno español que nos rouban dereitos e precarizan o traballo, que nos deixan sen emprego e empobrece.

Por todo isto, agardamos unha rectificación da dirección de Mercadona, readmitindo nos seus postos de traballo a todas as despedidas e despedidas coa restitución de todos os dereitos e as garantías laborais e sen restrición dos seus dereitos fundamentais.

Colectivo Ártabra 21.-
___________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon