Consello de Ministros |30.03.2012|O Goberno aproba o Proxecto de Lei de Orzamentos para 2012 . O Goberno afirma que estes Orzamentos son os máis austeros da democracia, pero manteñen a actualización das pensións e as prestaciones por desemprego. Non contemplan a subida do IVA pero si medidas excepcionais de carácter tributario para aumentar a recadación [Web de "La Moncloa"|.
Inspectores de facenda din: “esta amnistía atenta contra o principio constitucional de igualdade tributaria”
O colectivo de técnicos do Ministerio de Facenda (Gestha) considera que a amnistía fiscal anunciada este venres polo Executivo “enxaugará” a comisión de delitos fiscais “a un prezo de saldo”.
Para este colectivo, o graven especial do 10% que se establece é unha taxa “branda” das cantidades defraudadas, xa que no 72% dos casos proveñen de grandes fortunas e corporacións.
Gestha considera que esta amnistía fiscal atenta contra o principio constitucional de igualdade tributaria que, segundo o artigo 31 da Comisión Europea, debe inspirar o sistema fiscal, xa que supón un “agravio comparativo” para os contribuíntes que veñen cumprindo coas súas obrigacións fiscais, aos que se grava con tipos de até o 52% no IRPF, mentres que os defraudadores poderán saldar as súas contas co fisco pagando un 10% e evitando intereses, recargos e sancións.
Así mesmo, afirma que “esta teórica regularización fiscal” choca frontalmente cos reiterados anuncios do Executivo de potenciar a loita contra a fraude, co agravante de que será a cuarta amnistía fiscal da democracia, “que de xeito evidente resultará tan ineficaz para acabar coa economía mergullada como o foron as tres anteriores”.
Para Gestha, esta amnistía supón o recoñecemento implícito do Goberno á incapacidade da Axencia Tributaria para loitar contra a economía mergullada. De feito, entre 1980 e 2008 a bolsa de fraude multiplicouse por catro, até alcanzar un volume de 245.000 millóns de euros anuais, o que representa un impago de impostos duns 89.000 millóns.
Reforma do imposto de sociedades insuficiente.
Doutra banda, os técnicos de Facenda consideran que as modificacións anunciadas para o Imposto de Sociedades supoñen “un primeiro paso” dirixido a asegurar ingresos cos que cumprir os novos obxectivos de déficit impostos por Bruxelas.
No entanto, creen que “deixa no tintero” moitos aspectos que necesitan ser reformulados en profundidade, e engaden que a limitación da aplicación de deducións “non acaba coa falta de proporcionalidade do Imposto de Sociedades”, xa que as maiores empresas españolas –aquelas que facturan máis de 1.000 millóns ao ano– continuarán dispoñendo de múltiples “vías de escape” para tributar realmente ao 16,88%, fronte ao 22% das microempresas ou o 20% das pequenas compañías.
Fronte a esta reforma, os técnicos apostan por crear un novo tipo impositivo sobre os maiores beneficios empresariais, do mesmo xeito que se fixo co IRPF. “Por si soa esta reforma xa xeraría un aumento da recadación superior aos 13.900 millóns de euros ao ano, que ademais sería adicional aos ingresos previstos pola limitación das deducións”, reiteran.
Concretamente, defenden aplicar este tipo incrementado ás empresas con beneficios de máis dun millón de euros, que principalmente son as 5.740 empresas que teñen unha facturación superior aos 45 millóns, que pasarían así a tributar a un tipo inicial do 30% para o primeiro millón de euros de beneficios e un segundo tipo do 35% para beneficios superiores ao millón, medida que, segundo Gestha, reequilibraría a súa carga fiscal coa das pequenas e medianas empresas.
Para rematar, o secretario xeral de Gestha, José María Mollinedo, indicou que esta é a vía máis adecuada para combater o esborralle da recaudación do Imposto de Sociedades, que en tan só catro anos (de 2007 a 2011) descendeu en 28.212 millóns, o que supón unha redución do 63%, “que en ningún caso pode atribuírse só á crise, nin á evolución da actividade económica do país neste periodo”.
Fontes:
http://iniciativadebate.org/2012/03/31/inspectores-de-hacienda-dicen-esta-amnistia-atenta-contra-el-principio-constitucional-de-igualdad-tributaria/
http://www.europapress.es/economia/fiscal-00347/noticia-economia-pge-gestha-considera-amnistia-fiscal-enjugara-fraudes-millonarios-precio-saldo-20120330172005.html
_____________

Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon