En Ferrol na Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta, ás 19:30 horas
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público celebra hoxe Martes, 8 de Maio de 2012, concentracións en toda Galiza en contra dos recortes
As mobilizacións están convocadas nas cidades e nas localidades de A Guarda, Verín, Vilagarcía e Foz (19:30h) e en Ribeira e no Barco de Valdeorras (20:00h)
As diferentes comarcas do país acollerán, este martes, día 8 de maio, a celebración de concentracións simultáneas para demandar do Goberno galego o cese dos recortes no ensino público galego. Con estas mobilizacións, a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público Galego, inicia o calendario de accións que teñen como obxectivo evitar a aplicación no noso país do Real Decreto-Lei 14/2012 das medidas do goberno dereitista do PP contra o ensino público, chamado por eles eufemisticamente "de medidas urxentes de racionalización do gasto público no ámbito educativo".
As concentracións celebraranse ás 19:30 horas en Santiago (Praza do Toural), Ferrol (diante do edificio administrativo da Xunta de Galiza), Ourense (Rúa do Concello,11), Vigo (Príncipe, diante do MARCO), A Coruña (Praza de Pontevedra), Pontevedra (Praza da Peregrina), Lugo (Edificio Administrativo da Xunta de Galiza, na Ronda da Muralla), A Guarda (Praza do Reloxo), Verín (Praza do Concello), Vilagarcía (Praza de Galiza), Foz (Praza de Galiza) e ás 20:00 horas en Ribeira (Diante do Concello) e no Barco de Valdeorras (Praza do Concello).
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público Galego, constituída en autoconvocatoria o pasado 25 de abril, está integrada por representantes da comunidade educativa galega, pais e nais, profesorado e alumnado, a través de diferentes entidades (organización sindicais do ensino, ANPAS, movementos de renovación pedagóxica, organización estudantís, partidos políticos …) e permanece aberta a novas adhesións individuais e colectivas que poden formalizarse no enderezo electrónico.
http://plataformagalegadefensaensinopublico.blogspot.com.es/ .
Calendario de mobilizacións
Dentro do calendario de accións aprobado pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público inclúese o apoio a folga de estudantes e a manifestación convocada o xoves 10 de maio. Catro días despois, o luns 14 de maio, iniciaranse peches rotativos nos centros educativos en toda Galiza e o día 3 de xuño celebrarase unha manifestación en Santiago. A Plataforma tamén insta aos Consellos Escolares e Claustros a que aproben resolucións de apoio ao ensino público.
No seu manifesto, a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público denuncia que as medidas aprobadas polo Goberno central -que se veñen sumar aos recortes a aplicados pola Consellaría de Educación nos últimos anos no ensino galego- buscan reducir o profesorado dos centros (despedindo miles de docentes), incrementar o número de alumnado por aula (masificando as aulas), reagrupar alumnado de diferentes niveis educativos nunha mesma aula e reducir a oferta educativa. Todas estas medidas dificultan o acceso á educación das clases sociais máis desfavorecidas, van contra a calidade do ensino e significan maior fracaso escolar.
Fonte: Avantar
_______________________
3 comentarios
Que se saiba hai tres plataformas do Ensino Público: Unha unitaria do Ensino Universiatario.
Logo había tamén unha unitaria do ensino de primaria e secundaria que a UPG rachou.
A Plataforma que convoca esas mobilizacións debe ser a da UPG e os seus monaguillos da CIG
A UPG tanben esta rachando as plataformas en defensa da sanidade publica,e manipulando as movilizacions,tanto en sanidade,como no ensino,pois non lle interesa a unidade de accion.Eles saberan por que, mais estan facendo moito danho no sindicato da CIGA,e facendo un gran favor as politicas neocom do PP.Teran que asumir as suas responsabilidades,se seguen asi queimaran a xente mais valida da CIGA,e racharan coa unidade, agora mesmo imprescindible,de toda a esquerda.
O da "manipulación da UPG" é unha cousa enfermiza na que viven instaladas algunhas persoas desde hai moitos anos que, baixo a suposta condición de "anónimos" levan toda a vida tentando controlar todo o que tocan: movimento asociativo, plataformas......Eso sí, sempre moi conciliadores cando a quen hai que "favorecer" é IU ou o PSOE. Basta con ver co protagonismo que lle deron a esta forza política na Plataforma da Sanidade.
A prátida demostra - onte mesmo foi así - que viven da manipulación: na concentración de onte había xente de CCOO, UGT, IU e PSOE; ademáis das organizacións que compoñen a Plataforma Galega en defensa do Ensino Público. ¿Serán esas organizacións tamén monaguillos da UPG?. Anda, ide rañala cos vosos anoniMigs !
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon