sábado, maio 19, 2012

Este Domingo 20 de Maio, ás 12 do mediodía Acto Unitario polas Nosas Letras na Praza Rosalía de Castro

Tags


DOMINGO 20 DE MAIO
ACTO UNITARIO
NA PRAZA ROSALÍA DE CASTRO
EN FERROL
ÁS 12 DO MEDIODÍA


Este Domingo 20 de Maio de 2012, ás 12 do mediodía celebrara-se a homenaxe a Rosalía de Castro que todos os anos ten lugar na Praza que leva o nome da escritora galega. O Colectivo Ártabra 21 soma-se á convocatoria aberta, á que polo de agora se somaron a asociación Fuco Buxán, o Toxos e Froles, a Fundaçom Ártabria, o Ateneo Ferrolán, o Colectivo Sociocultural A Revolta de Trasancos, e a Asociación Sociocultural López Bouza, ... agardando que outras entidades participen nesta autoconvocatoria pola Lingua.

Todas as asociacións convocantes facemos un chamamento a toda a cidadanía para participar no Acto Unitario da Praza Rosalía de Castro, no barrio de San Xoán, para celebrarmos a nosa Lingua e as Nosas Letras. Un acto no que se escoitarán, desde distintas sensibilidades, valoracións e reivindicacións referentes á situación da Lingua e Cultura galegas, e unha expresión artística e popular que tamén vai reivindicar a todas as escritoras e escritores que utilizan o Galego.

O acto consistirá nunha ofrenda floral, música, lectura de poemas, manifestos, proclamas, ... este acto está aberto a toda a cidadanía.

A convocatoria unitaria desenvolvera-se a partir das 12 do mediodía, ao redor da pequena figura de Rosalía de Castro, que preside a praza no barrio de San Xoán de Ferrol, este Domingo 20 de Maio, polas Nosas Letras, nun momento moi crítico para a nosa lingua, onde a propia administración lexisla contra a súa normalización.

Clicar acima da imaxe para ampliar

__________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon