Hoxe Mércores ás 11 da mañá unha cita solidaria e de xustiza en Esteiro, non deixemos que Yolanda e o seu fillo de catro anos fiquen na rúa. Desde Ártabra 21 chamamos a participa na Concentración polo dereito a unha vivenda digna, por xustiza, contra a pobreza.
Lanzamento en Esteiro
O vindeiro mércores día 23 de maio ás 11 horas vai producirse un desafiuzamento dunha muller (Yolanda G. F., sen ingresos e co Risga concedido sen cobrar aínda e como único ingreso a pensión de manutención do fillo) e o seu fillo de catro anos, que está escolarizado polos servizos sociais do Concello de Ferrol, será na Rúa Soto nº 1-3 1º Esquerda .
Se trata de evitar o desafiuzamento e Solicitar a paralización do mesmo por parte do Xulgado para que a súa nova avogada Iolanda Díaz, teña tempo de ver o expediente e poder exercitar a súa defensa.
En todo caso, DEMANDAMOS do Alcalde de Ferrol e da Concelleira de Benestar Social do Concello de Ferrol que actúen como mediadores impedindo o lanzamento da citada veciña de Esteiro de do seu fillo e, en todo caso buscando unha solución alternativa que impida que un neno e a súa nai queden na rúa.
LEMBRAMOS que o Pleno do Concello de Ferrol acordou a constitución dunha mesa de desafiuzamentos que permita que o Concello de Ferrol medie entre as partes para buscar unha solución con garantías para todos.
Desde a Asociación Veciñal de Esteiro non entramos a facer ningún tipo de valoración de carácter moral ou legal, pero o que si entramos é en defender que se busque unha solución para que unha muller e o seu fillo de catro anos, e en pleno curso escolar, non fiquen na rúa a partir do mércores día 23 de maio e faremos canto poidamos para evitalo.
Xunta Directiva da AV de Esteiro
Local Veciñal:
Rúa Fernando VI,
Bloque I baixo
Ferrol -15403
Telef. 981933223
avesteiro@galicia.com
http://avesteiro.blogspot.com/
Enviado pola:
avesteiro
-avesteiro@galicia.com-
21 de maio de 2012 20:31
______________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon