Este 23 de maio de 2012, unha concentración solidaria contra un lanzamento en Esteiro tivo lugar. Ao chamamento da Asociación Veciñal de Esteiro, respostaron: membros das Mesas de Conversencia, sindicalistas da CIG, do Colectivo Ártabra 21, concelleiros e concelleiras dos grupos municipais de Esquerda Unida e o BNG, militantes do Encontro irmandiño e outras persoas entre elas veciñanza do lugar. Todas participaron na acción contra o desafiuzamento que ao final no se levou adiante. Non porque o xulgado desistira, senón que ao parecer non había suficientes efectivos policiais para proceder ao mesmo, pois o número de persoas congregadas era moi importante. A policía estaba ocupada coa mobilización de Navantia que se estaba realizando diante do Pazo Municipal, na Praza do Concello. Os intentos para que os responsábeis municipais de servizos sociais non resultaron efectivos, a concelleira non asumiu as súas responsabilidades, nen o acordo plenario de mediación. mañá será un día de moita actividade no Concello. Unha faixa e os berros das persoas congregadas sintetizaban a reivindicación: "Nin xente sen casa, nin casa sen xente".
Fotos de Susete.
Enlace relacionado:
Ártabra 21: Lanzamento en Esteiro - Mércores día 23 de Maio ás 11 horas vai producirse un desafiuzamento dunha muller (sen apenas ingresos) e o seu fillo de catro anos - Trata-se de evitar o desafiuzamento e Solicitar a paralización do mesmo por parte do Xulgado
______________
2 comentarios
Hoxe varias furgonas antidisturbios xa estaban diante do Portal 1-3 da rúa Soto de Esteiro. Sobre as 09:45 h foi desaloxada Yolanda da vivenda.
Convocou-se unha concentración diante do Pazo Municipal de Ferrol, sobre as 11:15 horas que é cando se reúne a Comisión de Mediación para os Desafiuzamentos.
Hoxe, grazas ao Banco Pastor, Yolanda e o seu fillo de seis anos durmirán na rúa. E o Alcalde da cidade e a concelleira de Benestar pasando do tema
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon