xoves, xuño 07, 2012

Acordo no conflito de Mercadona, satisfactorio mais sen readmisión


Despois dunha loita sindical moi importante que vai quedar nos apuntes da historia do movimento obreiro ferrolán como exemplar, con acertos e erros, máis exemplar, o compañeiro despedido chegou a un acordo satisfactorio coa empresa que non contempla a readmisión, o cal respectamos. Desde Ártabra 21 enviamos parabéns ao Comité de Empresa que deu mostras de conciencia de clase e valor, para afrontar un conflito deste calibre, tendo enfronte á empresa modelo, da grande patronal, de controlo das relacións laborais, a paz social e o antisindicalismo militante. Os membros do Comité achegan-nos un comunicado público, con mostras de agradecemento polo noso apoio e solidariedade que polo seu significado e importante contido, pasamos a trancriber. Unha vez máis parabéns.


Comunicado dos membros do Comité  de Empresa de Mercadona na provincia de A Coruña

Membros do “Comité  de Empresa de Mercadona na provincia de A Coruña” queremos agradecer o apoio incondicional da “Unión Comarcal de CCOO de Ferrol” para a resolución do conflito aberto con Mercadona po lo despido do noso compañeiro Alberto.

Consideramos que tanto os membros do “Comité de Empresa” como a “Unión Comarcal” estivemos a altura das circunstancias dando contestación a actitude "anti -Folga de Mercadona o 29 de Marzo.

Finalmente o traballador e a empresa chegaron a un acordo económico satisfactorio para o compañeiro. Isto na nosa opinión non menoscaba o mais mínimo a actitude valente e digna de Alberto, pero as presións de todo tipo as que se veu sometido fixeron que finalmente tomase esta decisión, que os membros do comité respectamos e entendemos.

Este acordo non tería sido posible sen a resposta na rúa dada por os sindicatos, os partidos políticos, as organizacións sociais, e os cidadáns que se uniron as mobilizacións de protesta convocadas por CCOO esixindo a readmisión do noso compañeiro.

As catro mobilizacións foron fermosas mostras da grandeza do movemento obreiro na Comarca de Ferrol, un pobo digno, solidario e combativo deu unha resposta clara, contundente e necesaria os abusos deste goberno e da patronal.

O mobilizarnos estabamos esixindo a readmisión do compañeiro pero tamén  defendiamos os nosos dereitos, dereitos que son de todos/as, dereitos que temos hoxe por que outros loitaron por conseguilos, dereitos que pertencen tamén os que veñen detrás, dereitos po los que temos a obriga de loitar hoxe para que maña non o teñan que facer os nosos fillos/as, para que non teñan que sangrar, suar e chorar por recuperar o que hoxe nos están roubando.

Cando este goberno marioneta da “patronal” e dos “mercados” aprobou unha reforma brutal que acaba con o “dereito laboral” so nos deixou un camiño os traballadores/as a “acción sindical”, e niso estamos!, a Comarca de Ferrol como berce do movemento obreiro na Galiza deu un paso adiante nesta loita secundando as mobilizacións no conflito con Mercadona, e deu ademais un exemplo de unidade sindical e irmandade social.

Hoxe defendemos o noso compañeiro Alberto en Mercadona porque se vulneraron os seus dereitos fundamentais,  e maña estaremos onde faga falta, en calquera empresa, defendendo os traballadores/as que vexan atacados os seus dereitos.

Nin nos vendemos, nin nos rendemos, nin nos vai a paralizar o medo, cumpriremos sempre con o noso compromiso con os traballadores/as. Os membros do comité e delegados de CCOO que facemos este comunicado queremos dar as grazas a todos/as os que se mobilizaron con nos e nos deron o seu apoio.

Consideramos que este exemplo de UNIDADE SINDICAL e IRMANDADE SOCIAL e demasiado importante para deixalo perder, creemos firmemente que este e o camiño a seguir na defensa do noso futuro, o furo da nosa terra ten que ser o de un futuro mellor para os nosos fillos/as.  Que aqueles que queren acabar con TODO entendan que os trouxemos o mundo libres e non imos permitir que os convertan en escravos asalariados.

GRAZAS A TODOS/AS!

Ferrol 06/06/2012
(Membros do Comité de Empresa de Mercadona en A Coruña)

Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
6 de junho de 2012 23:15
Grazas po lo voso apoio. André A.F


Enlaces relacionados:
Ártabra 21: A cuarta Acción Obreira "Pola readmisión de Alberto, en defensa do Dereito a Folga e da Liberdade Sindical", tivo lugar en Mercadona de San Valentín, no concello de Fene - Fotos e enlaces

Ártabra 21: Nova concentración en Mercadona, desta vez en San Valentín-Fene, pola readmisión de Alberto, pola liberdade sindical - Hoxe Xoves 31 de Maio

Ártabra 21: Terceira Acción Obreira "Pola readmisión de Alberto, en defensa do Dereito a Folga e da Liberdade Sindical", tivo lugar en Mercadona d'A Gándara, en Narón - Vídeos e Fotos

Ártabra 21: Nova acción obreira contra Mercadona "pola liberdade sindical - non aos despidos" - 12 de Maio de 2012

Ártabra 21: A #PrimaveraGlobal en Ferrol e a Loita polos Dereitos Fundamentais en Mercadona

Ártabra 21: O Colectivo Ártabra 21 denuncia represalias laborais en Mercadona contra traballadores e traballadoras que exerceron o dereito a Folga o pasado 29M - Solidariedade coas traballadoras e traballadores despedidos
____________________

9 comentarios

Total respecto a decisión tomada por Alberto. Eso non quita para seguir denunciando o comportamento antidemocrático, antisindical e ilegal de Mercadona, especialmente o local da Gándara e o seu responsable Pedrito

Emociona o voso comunicado.moitos estamos a procura da unidade de accion contra esta dictadura encuberta,disfrazada de DEMO-cracia.grazas a vos, o compañeiro Alberto polo exemplo de dignidade, e os camaradas do Militante,por ser loitadores ata as ultimas consecuencias,seguimos na loita.

O que eu dicia, tanto lio pa chegar o mesmo !!Baixada de pantalons¡¡

Había unha vez un anónimo Necio que sempre pensaba que tiña razón. O seu estado natural era o de ser un esquirol, e morreu sen deixar de ser esquirol. Magoa.

El Necio- de Silvio Rodríguez

Compañeiros e compañeiras do Comité, xa sabedes a palabras necias ...

Distedes un exemplo de loita, adiante !

Manu disse..
Sabes unha cousa, teño un amigo, que xa fai tempo, dixo que !!Quien me manda a mi discutir, con gente inculta y majadera, con el cerebro carcomido por el germen de la ignorancia¡¡
É si por riva, insulta, apaga é vamonos.
P.D. Teño 66 anos é nunca naide me acusou de "esquirol" é moito menos de "Necio". Coido que a ti non tardan moito en facelo "PAIASO"

primeiro tira a pedra logo esconde a mao e se abre en insultos

¿...?

'Da CNT de Ferrol queremos amosar a nosa satisfacción ao coñecer a nova de que Alberto conqueriu finalmente máis do doble de indemnización do que legalmente lle correspondía por despedimento improcedente. Dun total de 70.000 empregados/as que a empresa ten no estado, él foi un dos 148 que secundaron a folga xeral do 29M, e por ese motivo foi despedido. A súa decisión foi aceitar os cartos no canto de ir a pola readmisión, e nós respeitamo-lo.'

http://cntgaliza.org/?q=node/1332

Eu non insultei a ninguén, só insinuei que era un esquirol e necio, quen coas súas palabras, daba a entender que non había que mobilizarse, chamándolle á mobilización (LÍO); e ademais escribiu textualmente !!Baixada de pantalóns¡¡. Despois de pasar o que pasamos, arriscando os nosos postos de traballo e as presións que tivemos que soportar. Moitos de nós temos familia que tamén supón unha presión engadida (e algunha traballando na mesma empresa). Ata as presións viñeron da propia federación do sindicato FCHT, que desde a primeira concentración viñan con moitas presións para que pararamos as mobilizacións (e fixemos catro, mais a última en San Valentín requiriu de máis debate). Ata atrevéronse a desconvocalas eles, os da FCHT, pola súa conta. Está claro que non lles fixemos caso (tamén, todo hai que dicilo, tiñamos o apoio da Unión Comarcal). E como represalia os da FCHT retiráronlle a liberación ao presidente do noso Comité. Mesmo pensei que era vostede unha persoa que coñezo que anda por aí dicindo iso de ¡Baixada de pantalóns!. Ao menos que isto lle valga a vostede para pensar. Eu a vostede non o coñezo de nada. Se é certo o que di, polo ton e cabreo que se desprende do escrito, penso que si. Ao mellor só foi un pronto que lle saíu sen pensar. Mais como comprenderá non podía quedar sen responder ás súas palabras. Se é persoa de ben, entenderá o que lle digo, se pola contra vostede é un cabrón que lle dean.

Os pantalóns so se baixan cando un se rende, e aquí non se rendeu ninguén, e moi fácil falar dende fora, sen ter que aguantar as presións nin dar a cara,sen xogarse nada. Iso non importa agora, quen pense así e inxusto pero libre de facelo, o realmente importante e que a loita continúe, que a acción sindical sexa unha ferramenta para loitar contra os abusos cometidos po la patronal aproveitando unha reforma laboral feita por un goberno amigo e vendido os poderosos.
Os que estivemos dando a cara sabemos moi ben o que custou e o que aínda nos vai custar o paso dado, pero estamos orgullosos da nosa decisión de loitar po lo compañeiro, porque a loita era por el non para utilizalo nin como mártir nin como bandeira, maña a loita será por calquera compañeiro que se encontre na mesma situación en calquera empresa.


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon