Este fin de semana en Compostela van ter lugar dúas manifestacións nacionais en defensa do noso agro. Na nosa Comarca temos tamén varias citas moi importantes: a Segunda Andaina polo Río Baa, sobre as 10:45 horas, no Polígono Vilar do Colo, na defensa dun río ameazado, sobre todo pola presencia duns residuos tóxicos almacenados a intemperie; e ás 12 do mediodía unha Asemblea Aberta á Cidadanía para informar e debater sobre a última Sentenza do Tribunal Supremo sobre Reganosa que anula a modificación do PXOM, por carecer de Declaración de Impacto Ambiental que amparou a construción de Reganosa, desta vez na Praza do Concello de Ferrol, diante do Pazo Municipal. ADEGA tamén estará presente nestas dúas mobilizacións, polo medio ambiente, pola nosa seguridade e pola vida. E o domingo 10 de Maio a mobilización comarcal polo sector naval, ás 12 do mediodía desde o Inferniño.
Con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, convidámoste desde ADEGA, FRUGA, CIGA e ORGACCMM a acompañarnos na manifestación que terá lugar o sábado, día 9 de xuño ás 12h na estación do tren, en Santiago de Compostela "Por unha lei de montes de Galiza". SeÉ unha oportunidade para reivindicar un futuro para os nosos montes e contra a privatización, o monocultivo e a falta de políticas de prevención contra os lumes forestais que establece a nova lei de montes.
As nosas reivindicacións:
- O recoñecemento dos montes comunais e dos seus dereitos.
- A non privatización dos montes para intereses especulativos.
- A non privatización da loita contra os lumes e a non derrogación da lei de prevención de incendios.
- A non forestación das terras agrarias.
- A non invasión do monte con cultivos enerxéticos.
- Que o monte galego sexa multinfuncional e sostible.
Convoca: Organización Galega de Comunidades de Montes; Apoian: ADEGA, CIG, FRUGA (Alianza por un medio rural galego vivo).
BUSES DENDE LUGO: Desde Lugo (no caso de acadar un número mínimo de persoas), sairá un autobús de diante do edificio dos sindicatos, na ronda da muralla, ás 10 da mañá. É imprescindible apuntarse, chamando aos teléfonos 982.815678 ou 681.027859 (Lois). O prezo será de 5 euros, do resto do custe faranse cargo as organizacións convocantes.
→10 de xuño, domingo - MANIFESTACIÓN CONTRA AS FUMIGACIÓNS EN COMPOSTELA
Únete ao enxamio que percorrerá Compostela este domingo 10 de xuño contra as fumigacións!
A Plataforma contra as fumigacións, da que fai parte ADEGA, vai defender un país sen pesticidas este domingo nas rúas de Compostela. As voces de abelleiros, labregos, ecoloxistas, e máis de 40 organizacións sociais de todo o país van crear un zunido imposible de calar! Agora non poderán borrar as nosas voces como fixeron con centos de protestas na súa páxina de Facebook.
A Xunta de Galiza terá que escoitar o clamor en contra dunhas fumigacións que van contra o sentido común, contra as leis e o que é máis importante, contra o futuro da agricultura, dos ecosistemas e da saúde de milleiros de galegas e galegos que viven nas decenas de puntos que xa están marcados no mapa militar desta guerra contra a nosa soberanía alimentar e para maior gloria da auténtica praga: o eucalipto!
En Internet xa somos case 100.000 persoas a dicirlle NON ás fumigacións e SI á vida das abellas, vítimas na primeira liña deste ataque frontal contra a supervivencia da natureza da que nos alimentamos e da que somos parte intergrante. Agora xuntaremos milleiros de voces tamén nas rúas da capital de Galiza para deixarlles claro aos que poñen o diñeiro e asinan as autorizacións, que non imos permitilo e que coa comida e a auga que consumimos nós e os nosos fillos non se xoga. Co noso monte non se xoga! Nin unha pinga dese veleno na nosa auga, na nosa terra!
Xa o dicían os nosos vellos: se morren as abellas, morremos nós!
Máis información: local nacional (981 570099), na nosa web: www.adega.info ou en Facebook
Máis información:
http://fumigacionsnon.org/
Enviado por:
gzvideos STOP FUMIGACIÓNS TÓXICAS - Manifestación Nacional - 10/06/12 #fumigacionsNON
___________________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon